Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 27 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O BNG reclama a "transferencia da titularidade e competencias da AP-9 e o fin das peaxes abusivas"

O pasado 10 de novembro aprobouse no Pleno Municipal do Porriño a moción coa que o BNG reclama a transferencia ao Goberno galego da titularidade e competencias da AP-9.

A AP-9 é unha autoestrada que abrangue unha parte moi importante do territorio galego, ao conectar toda a franxa atlántica e catro das sete cidades galegas."Malia o seu carácter vertebrador, esta continúa a depender do Goberno Central, que mantén unhas peaxes desorbitadas que limitan o acceso a esta vía ás persoas con menos recursos, e lastran o desenvolvemento de sectores económicos galegos" explican dende o BNG.  


O pasado día 10 de novembro o BNG do Porriño presentou no Pleno Municipal unha moción coa que solicita reclamar do Goberno do Estado a transferencia da titularidade e competencias da AP-9 ao Goberno galego. Esta foi aprobada por maioría, co voto a favor do PSOE, UDDL, Eu-Son e BNG e coa abstención do PP.


Na mesma ínstase ao Goberno central e ao Ministerio de Fomento a “retirar a desconformidade coa tramitación da “Proposición de Lei  Orgánica de transferencia da titularidade e competencias da AP-9 á Comunidade Autónoma de Galiza”, aprobada por unanimidade do Parlamento de Galiza.”

 

 

 

 

O BNG reclama un rescate da autoestrada en favor das persoas usuarias e que poña fin ás peaxes abusivas da AP-9

 

 

 


Do mesmo xeito reclama tamén rexeitar o rescate multimillonario da autoestrada, cuxo único fin é salvar á Banca e ás construtoras que as xestionan, xa que os fondos públicos deben ser destinados ao rescate de autoestradas en beneficio das usuarias e usuarios finais, rematando así definitivamente coas peaxes abusivas da AP9.


No Porriño, o BNG está a levar a cabo diferentes accións informativas. O venres día 11 de novembro convocouse unha reunión cos representantes do sector empresarial dos polígonos da Granxa e das Gándaras, con ACCIPOR e coa Asociación de transportistas de mercadorías por carretera de Pontevedra (ASETRANSPO). Na mesma estivo presente o deputado Luís Bará, que informou aos colectivos do contido da iniciativa que o BNG presentou no Parlamento Galego.


Este mércores día 23 realizouse tamén un reparto de material ativo sobre esta campaña na praza do Concello do Porriño, para dar a coñecer a tódolos veciños e veciñas a iniciativa do BNG.


O BNG do Porriño anima, a todas persoas que utilicen a AP9, a participar nunha caravana de coches este sábado ás 11:00 entre as cabinas de Vigo e Pontevedra, abonando o custe da peaxe en céntimos de euro en sinal de protesta polos peaxes abusivos

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.