Lunes, 06 de Octubre de 2025

Xornal21
Domingo, 27 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Alfonso Rueda anuncia a convocatoria de 10 congresos locais do Partido Popular

“O obxectivo é ter un partido forte en todos os concellos da provincia de cara ás próximas eleccións municipais”.

O Comité Executivo do Partido Popular de Pontevedra, presidido por Alfonso Rueda e no que participou como convidado o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, aprobou esta semana a primeira convocatoria de congresos locais a celebrar en 2017 e serán: Vilagarcía, Nigrán, Gondomar, Caldas, Tui, O Grove, O Porriño, Ponteareas, Pontecesures e Portas.

 

Estas 10 citas congresuais, ás que lle hai que sumar o Congreso do PP de Vigo, que se celebrará o próximo 17 de decembro,forman parte do proceso de renovación anunciado por Rueda, trala súa elección como presidente provincial en marzo deste ano.

 

A intención da Dirección Provincial é, segundo asegurou o presidente, que este proceso de reestruturación das xuntas locais quede concluído a finais do vindeiro ano. Haberá dúas fases, a primeira nos próximos meses, coa celebración dos congresos aprobados hoxe, e a segunda no segundo semestre de 2017 con outros tantos congresos.

 

“O obxectivo é ter un partido forte en todos os concellos de cara ás próximas eleccións municipais, e depois elixir aos mellores candidatos pero para iso necesitamos seguir conectados e traballando para darlle estabilidade ás xuntas locais e que teñan máis de un ano para prepararse”, sinalou o líder popular.

 

 

 

 

Pontevedra terá 95 compromisarios no Congreso Nacional do Partido Popular que se celebra en febreiro en Madrid

 

 

 

 

“Queremos chegar cos deberes feitos ás eleccións, porque se hai algo que diferencia ao Partido Popular do resto de formacións políticas é a súa seriedade e unidade. Precísanse partidos cohesionados e sobran as improvisacións de última hora que ao final como se pode comprobar noutros partidos non traen máis ca problemas”, explicou Rueda.

 

Nos próximos días, unha vez reunidas as xuntas locais, coñecerase a data exacta de cada congreso e o nome das persoas que formarán parte do Comité Organizador ou xestora que se fará cargo do partido.   

 

COMPROMISARIOS CONGRESO NACIONAL
O Comité Executivo Provincial vén de comerzar ademais o proceso de selección dos compromisarios que representarán á provincia de Pontevedra no Congreso Nacional que se celebrará en febreiro de 2017.

 

En total serán 81 os representantes a elixir entre as 62 xuntas locais da formación na provincia aos que se sumarán 2 membros da organización xuvenil de Novas Xeracións e os compromisarios natos, 12 nesta provincia, que se corresponden cos membros da Xunta Directiva Nacional, e nos que se atopa ademais de Mariano Rajoy, Ana Pastor, Alberto Núñez Feijoo e Alfonso Rueda, os demais deputados e senadores. Desta forma, un total de 95 persoas representarán a provincia de Pontevedra no Congreso que se vai celebrar en Madrid.  

 

O Comité Provincial reunido esta tarde deu o primeiro paso coa distribución por concellos dos 81 compromisarios. No caso de que concorran máis candidatos que prazas asignadas haberán de celebrarse eleccións dos representantes asignados o próximo 19 de decembro. 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.