Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 28 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Eva García de la Torre comprométese cos traballadores de Frigolouro

[Img #29017]

 

A alcaldesa so Porriño mantivo este venres unha xuntanza cos integrantes do Comité de Empresa de Frigolouro, que pedirán a xuntanza para coñecer a situación das relacións entre o Concello e a empresa.
Eva García de la Torre sinalou que é coherente coa súa opinión, que expresara o pasado mes de marzo aos traballadores que prestan servizo a Servicarne, parecer que non mudou dende que secundara as súas reclamacións laborais.


A alcaldesa repetiu que a súa posición é de “compromiso con dereitos fundamentais”, recoñecidos na Constitución e no Estatuto dos Traballadores, tal e como afirmara no pasado Pleno da Corporación, e  oito meses antes, cando se comprometera coas reivindicacións laborais dos traballadores.


Asemade, García de la Torre está “totalmente disposta” a iniciar un diálogo con Frigolouro, “empresa coa que o Concello non ten conflito algún”. Neste senso, e “para que cada poidamos expoñer o que nos inqueda a cada unha das partes”, a semana que ven manterá unha reunión cos responsábeis da empresa.


A alcaldesa sí quixo deixar claro aos membros do Comité de Persoal que non asinará convenio algún con Frigolouro se o mesmo non contempla “unhas condicións de traballo dignas para o persoal” e se non se garante no mesmo a continuidade da empresa no Porriño, “con carga de traballo”, requisitos que xa expuxera no pasado Pleno da Corporación en resposta a unha pregunta do voceiro do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego. 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.