Mos
Tres persoas resultaron feridas a causa dunha colisión múltiple en Mos
![[Img #29035]](upload/img/periodico/img_29035.jpg)
Tres persoas resultaron feridas a causa dun accidente no que se viron implicados tres camións e un turismo. O sinistro rexistrouse ás sete desta mañá na N-550 no lugar mosense de Amieirolongo.
Os Bombeiros do Baixo Miño e os efectivos do servizo local de emerxencias liberaron a dous dos tres feridos que, como consecuencia do impacto, quedaron atrapados no interior dos vehículos implicados.
Ademais, verteuse gasóleo na calzada e tivo que intervir un equipo de limpeza do Ministerio de Fomento.
Varios condutores que circulaban pola N-550 nese momento puxéronse en contacto co 112 Galicia para informar da situación. Decontado, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos efectivo do parque comarcal, así como aos membros do servizo local de emerxencias e aos profesionais de Urxencias Médicas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149