PROVINCIA
1.158 persoas de 14 concellos da provincia participan esta fin de semana no programa “En ruta coa Depo”
En total 19.000 persoas gozan, a través desta iniciativa, de alternativas de lecer dinámico e saudable para coñecer lugares emblemáticos da provincia.
![[Img #29048]](upload/img/periodico/img_29048.jpg)
“En ruta coa Depo”, programa da Deputación de Pontevedra xestionado a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, organiza para esta fin de semana novas saídas pola provincia, nas que van participar 1.158 persoas pertencentes a asociacións dos concellos de Lalín, Vigo, Tomiño, O Grove, Soutomaior, A Estrada, Salceda de Caselas, Meis, Nigrán, Pontevedra, Moaña, Silleda, Tui e Ponteareas.
En concreto, nas rutas desta fin de semana participarán a Asociación de Mulleres en Igualdade de Donsión (Lalín); a Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva San Xurxo, a Asociación de Veciños As Fontes, a Escola de Tempo Libre Xaruma e a Rede de Mulleres contra os Malos Tratos (Vigo); a Asociación de Veciños de Forcadela (Tomiño); Mulleres Rurais A Lagoa (O Grove); a AA.VV. San Benito de Romariz e Asoc. De Veciños (Soutomaior); a Asociación de Mulleres Rurais Santa Clara de Ancorados e a Asociación de Veciños Santa Apolonia (A Estrada); a Asociación de Veciños San Xurxo (Salceda de Caselas); a Asociación de Mullereis Rurais O Marco (Meis); o Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca e A.V.S.C. A Unión (Nigrán); a Asociación de Mulleres Veciñais O Castelo (Pontevedra); a Asociación de Comerciantes da Praza de Moaña (Moaña); a Asociación de Mulleres Rurais de Dornelas (Silleda); a Asociación Cultural Santiago de Malvas (Tui) e a Asociación de Nais e Pais Xiada (Ponteareas).
Estas asociacións realizarán rutas polo concello de Cambados e Ribadumia; visitarán o conxunto histórico de Salvaterra, o parque da Canuda, o Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea e as pesqueiras do Miño; percorrerán Catoira, Vilagarcía de Arousa e Cuntis; achegaranse a Silleda para coñecer o Mosteiro de Carboeiro, a fervenza do Toxa, castros e un taller de zocos; visitarán A Guarda e o conxunto histórico de Tui; achegaranse ata O Grove para visitar o seu conxunto histórico, a Illa da Toxa, o miradoiro do monte da Siradella e a praia da Lanzada; dirixiranse ata a Illa de Ons; percorrerán Pontevedra, Apípolis e a senda do Lérez, así como a Granxa de Briz e o Lago de Castiñeiras en Marín e visitarán a Illa de San Simón e o concello de Redondela.
“En Ruta coa Depo” é un programa da Deputación de Pontevedra que propón alternativas de lecer dinámico e saudable pretendendo mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia de Pontevedra. Ofŕecense case vinte rutas distintas por lugares emblemáticos da provincia con distintos tipos de propostas para todos os públicos: rutas dinámicas e activas para a xente máis moza, rutas interxeracionais para Anpas e familias, rutas adaptadas para persoas con mobilidade reducida, rutas marítimas e rutas por enclaves singulares. Este programa, xestionado a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, vai permitir que, ata finais de ano, máis de 19.000 persoas coñezan mellor a provincia. Invístese un total de 238.500 euros nesta iniciativa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101