GALICIA
A Consellería do Mar revisa e repara preto dun cento de sinais de balizamento marítimo
Con esta actuación mellóranse as condicións de seguridade para a navegación das embarcacións, especialmente nas bocanas de acceso aos peiraos.
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia vén de revisar e reparar 96 sinais de balizamento marítimo das case 400 instaladas en terra na contorna dos peiraos de titularidade autonómica. Con esta actuación refórzanse as condicións de seguridade para a navegación das embarcacións que acceden aos portos galegos.
En xeral, a maioría destas reparacións consistiron na instalación ou cambio de lanternas avariadas. Así mesmo, substituíronse os cargadores e baterías en varias balizas e instaláronse novos postes, entre outras melloras.
En concreto, as boias reparadas na Mariña luguesa están instaladas nos espazos portuarios de Celeiro-Viveiro e Burela. Na provincia da Coruña reparáronse sinais nos portos de Malpica, Sada, Cabo de Cruz, Ortigueira e Espasante. Tamén se fixeron reparacións e mantemento de sinais nas instalación portuarias de Portonovo, nas de Meira e Moaña, Tragove, A Guarda e Bueu, na provincia de Pontevedra.
Estas boias empréganse para delimitar as bocanas de acceso aos portos. Deste xeito facilítase a navegación na entrada e saída dos peiraos e mellórase a seguridade das embarcacións e dos seus tripulantes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217