Domingo, 09 de Noviembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 30 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A Xunta inicia a obra de mellora do firme da estrada PO-352, ao seu paso polo Concello da Guarda

Nesta vía actuarase na totalidade da estrada, de 4,35 quilómetros de lonxitude, entre o punto quilométrico 1+680 ao 6+030. Ademais das reparacións puntuais, previse a extensión dunha nova capa de rodadura en toda a sección entre o PQ 0 e o 1+000, concretamente na travesía de Perillo.

[Img #29067]A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), vén de iniciar as obras de mellora do firme na estrada PO-352 (A Guarda-Camposancos) ao seu paso polo Concello da Guarda, onde se invisten máis de 88.000 euros. Estas actuacións están enmarcadas nun contrato máis amplo no que tamén se inclúen actuacións de rehabilitación do firme nas estradas PO-553, na Ponte de Goián, no Concello de Tomiño, ou na PO-552, nos municipios de Tomiño e Tui.


 
Na estrada PO-352 actuarase na totalidade da estrada, de 4,35 quilómetros de lonxitude, entre o punto quilométrico 1+680 ao 6+030. Ademais das reparacións puntuais, previse a extensión dunha nova capa de rodadura en toda a sección entre, concretamente, na travesía de Perillo.


 
Esta obra inclúese nun paquete de reforzos de firme foi adxudicado á empresa Taboada y Ramos por un importe de máis de 400.000 euros e conta cun prazo de execución de tres meses.

 

 

 

 

O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida

 

 

 


 
Os traballos proxectados no citado contrato comezaron na estrada PO-552, onde se actuou no treito comprendido entre os puntos quilométricos 59+300, preto da Tarrasteira, e 71+070, en Areas, nos municipios de Tomiño e Tui. Unha vez rematadas as melloras nesta vía comezaron os traballos na PO-352 e seguirán por último na PO-553.


 
O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.