Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 28 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Énchese o Pavillón Óscar Pereiro cunha multitudinaria clase de Zumba contra a violencia de xénero

Máis de 500 persoas mobilizáronse para decir non ao maltrato cara as mulleres.

[Img #29079]

 

Baixo o lema ‘Móvete contra a violencia’ máis de 500 persoas participaron onte pola mañá na segunda edición da Macro Clase de Zumba contra a violencia de xenéro organizada polo Concello de Mos en conmemoración do Día Internacional contra esta lacra social.


Entre os máis de medio milleiro de participantes atopábanse a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira mosense de Política Social, Sara Cebreiro, a concelleira de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, e a tamén edil mosense, Julia Loureiro.


A Macro Clase de Zumba ‘Móvete contra a violencia’, impartuse de xeito totalmente gratuíto e estivo patrocinada pola Obra Social La Caixa.


Sobre esta iniciativa Cebreiro, edil de Política Social, declarou que “dende esta concellería quixemos conmemorar este Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero coa realización de  actividades de sensibilización e concienciación, que contribúan  a que todas as persoas tomemos conciencia da situación de vulnerabilidade na que nos atopamos todas as mulleres; e tamén con iniciativas de mobilización como esta macro clase, que simbolizan a necesidade de que a sociedade tome partido e que non podemos quedarnos quietos, nin como vítimas nin como coñecedores do maltrato”. “A clave está en actuar, en moverse contra a violencia”, asegurou Cebreiro, e así o quixeron facer saber os máis de 500 veciños e veciñas de Mos que abarrotaron o Pavillón Óscar Pereiro.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.