Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 28 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Aactos do “Día Internacional das Persoas con Discapacidade” no Porriño

Este luns, día 28 de decembro, empezaron os actos do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se celebra o vindeiro sábado, día 3 de decembro. Os mesmos están organizados por ACEESCA, coa colaboración da Concellería de Educación, que dirixe Lourdes Moure.


O Colexio Santo Tomás acolle hoxe unha ‘Charla polos dereitos das persoas con discapacidade’ e, ao longo do día se realizará a colocación de pictogramas e entrega de trípticos en establecementos comercias, destinados a persoas con dificultade de comunicación do Porriño, unha acción que se repetirá mañá martes, día 29.


O acto central desta campaña terá lugar o mércores, día 30, ás 10 e media da mañá, coa ‘Andaina polos dereitos das persoas con discapacidade’. A mesma sairá da Praza do Concello, seguirá pola rúa Ramón González con Pío XII, a Avenida de Domingo Bueno e a rúa Antonio Palacios. Ao remate da mesma se realizará a lectura do manifesto polo grupo de autoxestores ‘Os dez do Porriño’.


O xoves, día 1, haberá unha visita dun grupo de persoas con distintas diversidades funcionais ao centro de saúde do Porriño coa finalidade de detectar posíbeis dificultades dos traballadores á hora de atender a distintos colectivos e un simulacro de consulta ordinaria. E, de seguido unha actividade que se repetirá o venres, día 2, colocación de pictogramas e entrega de trípticos en establecementos comercias, destinados a persoas con dificultade de comunicación do Porriño.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.