MOS
Máis de corenta mulleres vítimas de violencia de xénero reciben orientación dos empresarios de Mos para insertarse laboralmente
A Secretaría Xeral de Igualdade subvenciona o plan ‘Insere Activa’ que hoxe presentou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e que xa logrou oito contratos de traballo para algunhas das beneficiarias.
![[Img #29109]](upload/img/periodico/img_29109.jpg)
Esta mañá o vicepresidente da Xunta de Galicia e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e a Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, visitaron a sede da Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS, para presentar o plan ‘Insere Activa’.
Trátase dunha acción de potenciación da inserción laboral no colectivo de vítimas de violencia de xénero no que AEMOS leva traballando activamente con 43 mulleres beneficiarias dende o pasado mes de outubro e que a Secretaría Xeral de Igualdade apoia cunha achega económica de 70.000 euros.
No acto estiveron presentes, ademais do vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda e da Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella; a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o delegado territorial da Xunta de Galica en Vigo, Ignacio López-Chaves, a concelleira mosense de Política Social, Sara Cebreiro, o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Óscar Soto, o presidente de AEMOS, Manuel Castro Álvarez e o xerente de AEMOS, Francisco Domínguez, entre outras autoridades e representantes da Asociación de Empresarios.
As 43 mulleres usuarias do plan ‘Insere Activa’ son veciñas de distintos concellos da comarca, entre eles Mos, coas que se fixo un diagnóstico socio ocupacional previo e coas que se traballa especialmente a autoestima e a autonomía persoal como pilares fundamentais á hora de poder abordar un itinerario de búsqueda proactiva de emprego.
Tal e como dende AEMOS explicaba o seu xerente, Francisco Domínguez, 8 destas máis de corenta mulleres xa conseguiron un contrato laboral e se atopan traballando, a un mes escaso do inicio do plan, “grazas ao seu propio esforzo e á titorización individualizada que lles ofreceron os técnicos de AEMOS”.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou o ‘Insere Activa’ como “un plan pioneiro en toda España, deseñado dun xeito tan serio e planificado que os 70.000 euros de subvención concedida non poderían estar mellor investidos”. Animou así mesmo a todas as mulleres vítimas de violencia machista a denunciar e rachar coa situación de maltrato e destacou “que máis de 40 mulleres da comarca estean a ter unha nova oportunidade demostra que hai camiños para saír e emprender un futuro novo”. “Todos os axentes sociais temos que implicarnos contra a violencia machista, por suposto dende as administracións estamos na obriga de facelo, pero toda a sociedade debe estar concienciada”, concluiu Rueda.
Pola súa banda Manuel Castro, presidente dos empresarios mosenses, destacou “o gratificante de ter emprendido esta acción en beneficio dun colectivo altamente agradecido e traballador”.
A rexedora local mosense, Nidia Arévalo, deulle as “grazas á Xunta de Galicia pola súa sensibilidade e entrega con este proxecto pioneiro; e grazas tamén a AEMOS por emprender esta iniciativa tan acertada, sobre todo tendo en conta que nos atopamos no mes contra a violencia de xénero e, en xeral, o máis sinceiro agradecemento pola disposición permanente de colaboración tanto co Concello como coa Xunta, colaboración coa sempre estaremos en débeda”. Arévalo amosouse enormemente orgullosa e satisfeita de contar en Mos cuns empresarios tan comprometidos e implicados na sensibilización respecto da violencia de xénero e na axuda ás vítimas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149