GALICIA
Mercadona e Gadis repiten como os grupos de distribución que máis confianza inspiran ó consumidor galego
Lidl e Froiz experimentan unha espectacular mellora.
![[Img #29140]](upload/img/periodico/img_29140.jpg)
A Unión de Consumidores de Galicia presentou esta mañá o II Estudo Confianza Establecementos Alimentación1, un traballo de máis de catro meses no que participaron 1952 persoas. Este estudo explora os principais aspectos que teñen en conta os galegos e as galegas á hora de facer a súa compra e de decantarse por un establecemento comercial.
Entre as conclusións desprendidas deste estudo destacar que todos os grupos de distribución melloran a valoración que lles outorgan os seus clientes, que Mercadona e Gadis son os grupos de distribución que máis confianza inspiran ás persoas consumidoras galegas e que Lidl mellora significativamente a súa cualificación. Tamén hai que incidir no feito de que calidade, prezo e variedade de produtos son os aspectos que máis impacto teñen á hora de facer a compra e que a consideración do prezo aumentou en relación ó dato de 2012, posiblemente debido ás consecuencias dunha crise que aínda segue presente en moitos fogares.
Onde fan as súas compras as persoas consumidoras galegas?
Maioritariamente, os galegos e galegas compran en supermercados se ben son poucos os consumidores que se decantan por un único formato, un 40,2% tamén fai a compra no pequeno comercio, nas prazas ou mercados de abastos (29,6%) ou en hipermercados (25,2%).
No tocante a confianza que inspiran estes espazos de compra, o formato mellor valorado é o das prazas e mercados tradicionais, estes lugares ocupan o primeiro posto na confianza das persoas consumidoras galegas, escalan así dúas posicións con respecto a 2012. Os supermercados perden esa primeira posición e pasan a ocupar a segunda. Os hipermercados repiten en última posición a case un punto do mellor valorado.
A valoración dos clientes
UCGAL considera que a introdución do concepto confianza como elemento de valoración dun establecemento permite aos participantes neste estudo facer unha valoración global de todos os aspectos que dunha ou outra forma poden condicionar a súa opinión sobre aquelas. Ademais a elección dun único parámetro permite a xuízo de UCGAL unha valoración moito máis espontánea e presumiblemente sincera.
O 72% da cidadanía pensa que a introdución de caixas automáticas elimina postos de traballo
Se nos centramos na valoración que os clientes teñen dos grupos de distribución, comprobamos que todos eles melloran os seus resultados con respecto ó ano 2012. Neste apartado, Mercadona e Gadis destacan como os grupos que máis confianza inspiran entre os seus propios clientes e son os únicos que superan os oitos puntos, mellorando as súas cualificacións de 2012. En terceiro lugar, atopamos a Hipercor que repite posición e mantense case sen variacións. En cuarto posto, temos a outro grupo galego, neste caso Froiz, que experimenta a segunda mellor suba de entre todos os grupos analizados. A sorpresa a dá Lidl quen hai catro anos ocupaba a oitava posición e que hoxe atópase na quinta aumentado a súa puntuación en +0,83. Estas cualificacións redúcense cando a valoración inclúe a das persoas que non son clientes.
![[Img #29110]](upload/img/periodico/img_29110.png)
Os aspectos que inciden na decisión de compra
Para a realización deste estudo, UCGAL tivo en conta 15 aspectos a valorar polos participantes, aspectos que inciden na opción de compra e outros que están vinculados ó proceso en si. Entre todos eles, a confianza segue a ser o máis importante; obtén a mesma valoración que en 2012 e segue a ser o único que supera os 9 puntos. O prezo, en segundo lugar, aumenta a súa importancia en case catro décimas. A variedade de produtos repite como o terceiro elemento máis valorado polos galegos e galegas.
Hai que destacar que entre os cinco primeiros aparece un aspecto, o da oferta de produto fresco e local, que obtivo un espectacular aumento pasando do noveno posto en 2012 ó cuarto en 2016. En quinto lugar atopamos a proximidade, un aspecto que apoia a aposta das persoas consumidoras da nosa Comunidade Autónoma tanto polo formato de supermercados como polo comercio tradicional.
As caixas automáticas
No primeiro estudo de 2012 abordouse a cuestión da retirada das bolsas de plástico por parte dos grupos de distribución. Nesta ocasión, UCGAL volve a preguntar por un tema de actualidade que incide no proceso de compra e que afecta ás persoas consumidoras así como ó tecido económico e social de Galicia , a introdución de caixas automáticas para o pago das compras.
En xeral, este cambio é percibido polos consumidores como algo negativo xa que un 63,39% considera que é unha mala opción. Ademais, case tres de cada catro persoas (72,97%) considera que esta medida leva aparellada a perda de postos de traballo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217