Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 29 de Noviembre de 2016 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O Concello de Nigrán súmase mañá á Xornada Internacional contra a pena capital

Máis de 2.000 cidades de todo o planeta conmemoran este día promovido por Amnistía Internacional e a Comunidad de Sant'Egidio.

O Concello de Nigrán súmase mañá á Xornada Internacional  “Cidades pola Vida, Cidades contra a Pena de Morte” organizada conxuntamente entre Amnistía Internacional e a Comunidad de Sant’Egidio (o 30 de novembre de 1786 o Gran Ducado de Toscana foi o primeiro Estado en abolir a pena capital, de aí a data elexida). Este día conmemórase dende 2002, cando comezou coa participación de 80 cidades e na actualidade son máis de 2.000 dos cinco continentes, das que 78 son capitais. Nigrán participará cunha pancarta alusiva na fachada do consistorio.

 

"Temos un compromiso en favor do respeto da vida e da dignidade humana e dende o Concello aproveitamos a ocasión para sensibilizar á veciñanza sobre a urxencia de eliminar a práctica inhumana da pena capital do panorama xurídico e penal dos Estados", declara o alcalde, Juan González.

 

A lo menos 1.634 personas foron executadas en 2015, un aumento de máis do 50% con respecto a 2014 sendo a cifra máis alta rexistrada por Amnistía Internacional desde 1989, o que exixe un esforzo adicional por parte das institucións comprometidas cos dereitos humanos para acabar coa pena de morte no mundo. Do total de execucións, cerca do 90% as realizaron catro países, por este orde Irán, Pakistán, Arabia Saudí e Estados Unidos (China non se porque se tratan como secreto de Estado, poidendo subir a cifra en miles). Sen embargo, hai motivos para o optimismo: o número de penas de morte impostas en 2015 decreceu con respecto a 2014, e máis dun cento de países aboliron xa por completo a pena de morte.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.