TUI
Tui celebra o Día Mundial da Sida con distintas actividades informativas nas que fai fincapé na prevención
Hoxe, 1 de decembro, celébrase o Día Mundial da SIDA, motivo polo que dende o Servicio de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui, como se adoita facer cada ano, se levarán a cabo unha serie de actividades con carácter informativo e preventivo sobre esta actividade.
Así por unha banda na fachada da Área Panorámica, colócase unha pancarta informativa sobre a SIDA dirixida a poboación en xeral. O lema da campaña deste ano é “Levantemos as mans pola #prevenciónVIH”.
Por outra parte para a poboación escolar teñen lugar obradoiros nos institutos de Tui co obxectivo de promocionar estilos de vida e formas de diversión saudables, desmitificar falsas crenzas e mala información, permitirlle ao mozos e mozas estar a cargo da súa saúde e non ser pasivos, fomentar no marco asociativo xuvenil o desenvolvemento de estilos de vida saudables e ofrecer formación acerca desta enfermidade.
Xa na fin de semana o Servicio de Prevención das Drogodependencias do Concello de Tui, en colaboración cos pubs de Tui, realizará o reparto de preservativos, carteis, dípticos, e folletos informativos sobre esta enfermidade. Todos aqueles locais que desexen sumar a campaña poden solicitar este material informativo no departamento de Servizos Sociais na casa do concello.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149