O PORRIÑO
Máis de mil persoas participan no Porriño na Andaina que conmemora O ‘Día Internacional das Persoas con Discapacidade’
![[Img #29133]](upload/img/periodico/img_29133.jpg)
Máis de mil persoas, 800 delas alumnas e alumnos dos colexios de Primaria do Porriño e de ACEESCA, participaron este mércores na Andaina que é o acto central da conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
A mesma saiu da Praza do Concello, seguiu pola rúa Ramón González con Pío XII, a Avenida de Domingo Bueno e a rúa Antonio Palacios. Ao remate da mesma realizouse a lectura do manifesto polo grupo de autoxestores ‘Os dez do Porriño’.
Antes, a alcaldesa, Eva García de la Torre, que participo na andaina acompañada pola concelleira de Educación e Xuventude, Lourdes Moure, amosouse “orgullosa de ver a tantas persoas saíndo ás rúas na nosa vila para amosar o seu apoio a un día que recoñece o traballo, a vontade, a entrega e a solidariedade”.
García de la Torre fixo súas as reivindicacións dos asistentes, e avogou porque a persoas con discapacidade poidan exerces plenamente todos os seus dereitos, “como o dereito a recibir información que poidan entender, o dereito à intimidade, o dereito a opinar e dirixir a súa vida, o dereito a decidir o seu voto ou dereito a xestionar os seus cartos”.
O pasado luns, día 28 de decembro, empezaron os actos programados por ACEESCA que seguirán o xoves, día 1, coa visita dun grupo de persoas con distintas diversidades funcionais ao centro de saúde do Porriño coa finalidade de detectar posíbeis dificultades dos traballadores á hora de atender a distintos colectivos e un simulacro de consulta ordinaria.
De seguido unha actividade que se repetirá o venres, día 2, colocación de pictogramas e entrega de trípticos en establecementos comercias, destinados a persoas con dificultade de comunicación do Porriño.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149