Mos
30 empresas mosenses comezan a recibir o servizo de recollida de cartón
Predominan as pertencentes ao sector hosteleiro, aínda que as hai de todo tipo. As interesadas en adherirse a este servizo gratuíto a domicilio aínda están a tempo
![[Img #29142]](upload/img/periodico/img_29142.png)
30 empresas mosenses comezan a recibir o servizo gratuíto de recollida de cartón a domicilio para a súa posterior reciclaxe. Entre elas, as maioritarias pertencen aos sectores da hostelería e os talleres automobilísticos; aínda que tamén hai empresas de robótica, do sector agrícola, educativo, de electromecánica, química, de fabricación e venta de toldos, transportes, mobiliario-carpintería, etc. As ubicacións das empresas tamén son variadas e as hai dende as que están instaladas nos diferentes polígonos da localidade (Veigadaña, Rebullón, etc.) ata as que se sitúan en lugares illados do termo municipal.
Aínda que o servizo bota a andar con estas 30 empresas inscritas que se beneficiarán do mesmo, trátase dun proxecto aberto á futura e progresiva adhesión de novas empresas interesadas a maiores das xa existentes.
Tal e como xa se informou fai días, o pasado 23 de novembro, ás 20.00 horas a Axencia de Colocación acolleu unha charla informativa sobre este novo servizo ofertado pola concellería de Medio Ambiente mosense que dirixe a edil Julia Loureiro. A charla foi organizada por dito departamento municipal xunto coa empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo e coa colaboración de AEMOS, Asociación de Empresarios de Mos.
A concelleira destaca a “enorme operatividade deste servizo tanto para os beneficiarios, que non teñen que desprazarse ata os contedores, como para a empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo, que axiliza os labores de recollida e reciclaxe deste tipo desfeitos; e para o Concello, que ofrece así un mellor servizo ós cidadáns e evita o colapso de contedores de papel e cartón que poida ocasionar molestias e/ou queixas de particulares”.
Este novo servizo pioneiro no municipio está aberto a todas as empresas de Mos, tanto pequenas (bares, cafeterías, farmacias, librerías, etc.), como medianas e grandes. Trátase dun servizo gratuíto de recollida porta a porta para industrias e establecementos comerciais pensado para facilitarlles aos empresarios os labores de desfeito e reciclaxe de cartón ó tempo que se evita o desbordamento dos contedores destinados a ese material, que poidan dificultar o uso dos mesmos por parte de cidadáns particulares.
As empresas aínda non adheridas ao servizo de recollida a domicilio de cartón que estean interesadas en facelo só teñen que poñerse en contacto telefónicamente con Urbaser, empresa concesionaria da recollida de lixo, no número gratuíto 900 720 190.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149