Mos
Ron e Simba, ensínanlles aos escolares de Primaria como coidar ás súas mascotas
Os animais, mestres por un día en Mos
![[Img #29145]](upload/img/periodico/img_29145.png)
A concelleira de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, estivo presente onte na primeira sesión da actividade ‘Descobre ao teu mellor amigo’ impartida polo Centro Canino BrinCan no Colexio de Petelos.
Esta iniciativa surxe dende o departamento municipal de Educación, conscientes de que decenas de animais do contorno, sofren o abandono por parte dos seus propietarios. Outros moitos conviven en fogares onde non se lles presta a adecuada atención.
Por iso, educar na tenza responsable de mascotas, previr o maltrato e o abandono animal e dar a coñecer a función social que desenvolven as mascotas na sociedade, é o marco de actuación desta actividade de carácter lúdico e educativo, que ten a súa localización nos centros escolares como espazo de sensibilización privilexiado para a mellora da convivencia cidadá.
O aspecto fundamental deste proxecto é concienciar co xogo, aos participantes, dos dereitos e deberes que temos os cidadáns, a través do coñecemento dunha realidade concreta como é a responsabilidade que implica ter unha mascota, prestando especial atención a situacións que derivan no abandono animal e ás súas consecuencias.
Tamén se amosa a importante tarefa que realizan os centros de acollida e protección de animais, destacando a necesidade de adopción que existe hoxe en día.
Ademais, esta iniciativa pretende ensinar dun xeito práctico e divertido, a importancia que teñen os animais nas actividades diarias da sociedade e a especial achega á mellora da calidade de vida que ofrecen algúns deles como os cans terapeutas, os de asistencia, os de busca e rescate, etc.
A sesión didáctica programada pretende ser un atractivo recurso educativo de sensibilización para a tenza responsable de mascotas que persegue os obxectivos de educar nas responsabilidades civís para a mellora da convivencia cidadá, concienciar os escolares da necesidade de desenvolver un bo trato cara ás distintas especies que forman parte do noso contorno, promover a adopción responsable de mascotas, identificar e coñecer as necesidades que teñen as especies domésticas, previr dende a infancia, actitudes de pasividade fronte ao maltrato animal e fronte ao abandono, potenciar a sensibilidade cara ao contorno natural, os seres vivos e o mundo animal e desenvolver no alumnado actitudes de amor, respecto, compromiso e responsabilidade.
A actividade está dirixida ao alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria dos centros escolares CEIP de Petelos, CEIP Mestre Valverde Maio, CEIP Atín-Cela e CEIP Pena de Francia do Concello de Mos. En total cinco grupos, 124 escolares, beneficiaranse desta actividade.
En cada sesión nos diferentes cursos dos colexios participantes interveñen, ademais de dúas educadoras do centro BrinCan, dous cans moi especiais e que fan as delicias dos cativos: Ron e Simba. Simba é unha cadeliña que ten o dobre mérito de ter sido ademais adoptada na protectora da Deputación de Pontevedra.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149