Martes, 27 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 03 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
Ponteareas

O Pleno aproba modificar a praza de Técnico de Intervención

Tamén se deu conta da dimisión do edil Mario Lago, que se ocupou das áreas de Comercio, Hostalería e Consumo

O primeiro punto da orde do día do pleno extraordinario do pasado mércores 30 de novembro foi a proposta do Goberno local dunha nova modificación orzamentaria de crédito por importe de 650.000 euros destinado ao pago do investimento da ETAP, débeda do ano 2010 que o anterior goberno deixara sen pagar e por lado o recoñecemento de débedas con acredores anteriores a 2011, facturas que tampouco estaban contabilizadas aínda que sí foran pagadas por Facenda en 2012 e descontadas co embargo dos ingresos mensuais que Ponteareas percibe do Estado.

 

No segundo punto, o Pleno rexeito as alegacións presentadas ao acordo de aprobación inicial de modificación das retribucións da praza de Técnico de Intervención. Deste xeito quedou aprobada a proposta do Goberno local para que esta praza conte cunhas condicións económicas similares a outros Concellos da categoría de Ponteareas.

 

O goberno local xustificou no Pleno a urxencia de tomar esta decisión por estar vacante dende hai máis de tres anos a praza de Interventor, e resultar imprescindíble para a xestión económica do Concello e as axudas dos cinco millóns de euros de fondos europeos logrados recentemente. O goberno aclara que nos 42.000 euros de custe anual desta praza está incluída a seguridade social polo que o salario bruto desta praza é inferior nun 30%.

 

 “Toda a Corporación manifestou que é fundamental cubrir esta praza pero a pesares de ser creada en 2010 dende aquela está vacante”  manifestou o alcalde Xosé Represas que xustifica o incremento de custe económico na responsabilidade e adicación que terá que asumir pola ausencia de Interventor titular.

 

O último asunto que tratou o Pleno da Corporación foi a dimisión do edil do PSdeG-PSOE, Mario Lago, ata agora concelleiro de Comercio, Hostalería e Consumo, estas áreas de goberno foron asumidas temporalmente pola Primeira Tenente de alcalde, María Jesús Garrote.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.