Viernes, 23 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 03 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Unha vintena de alumnos comeza o quinto obradoiro de restauración "Terras do Miñor"

[Img #29166]

 

Unha vintena de alumnos-traballadores comezou esta semana a quinta edición do obradoiro de emprego "Terras do Miñor" promovido dende a Mancomunidade e con sede na Residencia de Tempo Libre de Patos para a parte práctica (a teórica desenvólvese nos tres concellos). O alcalde de Nigrán e presidente da Mancomunidade, Juan González, acudiu a primeira hora a darlles a benvida xunto a teniente de Alcalde Raquel Giráldez; ambos amosaron o seu total compromiso con este proxecto.

 

Unha edición máis, os participantes formaranse durante seis meses na especialidade  de "Servizos de Restauración" ou "Operacións Básicas de Cociña"  percibindo o salario mínimo interprofesional. En total, os servicios públicos de emprego preseleccionaron a 60 candidatos para as 20 prazas (dez en cada modalidade), quedando finalmente 10 de Baiona, 6 de Nigrán e 4 de Gondomar.

 

'Terras do Miñor" foi solicitado dende a Mancomunidade o 24 de febreiro, obtendo a resolución favorable da Consellería de Economía, Emprego e Industria o mes pasado cunha axuda de 179.134 euros. Esta será a quinta edición e contará cunha duración de 6 meses (960 horas en total) e un equipo técnico (director, titora, docentes...) completamente novo. Coma nas anteriores ocasións, os 20 alumnos-traballadores serán os encargados de elaborar as comidas e servizo de restaurante para o comedor social da mancomunidade e poderán desenvolver a súa especialidade en actos programados dende os concellos (coma os almorzos saudables nos colexios) ou relativos á exaltación dos productos típicos da zona.

 

"A hostalaría e o turismo son sectores básicos na nosa comarca. Agardamos que grazas a eles acaden un posto de traballo e ao mesmo tempo contribuan a mellorar a calidade turística e hostaleira do municipio", sinala o presidente de mancomunidade e alcalde de Nigrán, Juan González.

 

Por outra banda, este ano os tres concellos acadaron conxuntamente outro novo obradoiro, "Valiemprega Xove", que se  desenvolve actualmente en Gondomar con 15 alumnos-traballadores e está adicado á 'Promoción turística local e información ao visitante' .Esta acción formativa é froito por vez primeira dunha sinerxia entre os tres municipios (ao marxe da Mancomunidade) para solicitar unha subvención ao respecto. Entre os seus obxectivos está promover e comercializar destinos turísticos locais, xestionando servizos de información turística e participando na creación, comercialización e xestión de produtos e servizos  turísticos do entorno local, empregando en caso necesario a lingua inglesa.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.