Mos
A Patrulla ao Rescate encargarase este ano do encendido do alumeado de Nadal en Mos
Será o domingo 4 de decembro a partir das 18.00 horas na Praza do Concello
O Concello de Mos, representado pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, a de Participación Cidadá, Kely Monzón, e a tamén edil mosense, Julia Loureiro; presentou hoxe a súa programación para o Nadal 2016-2017, que dará o seu pistoletazo de salida o vindeiro domingo 4 de decembro co acto de encendido do alumeado navideño na Praza do Concello.
Por segundo ano consecutivo dende o Concello quíxose dar comezo a esta época de ilusión con este evento simbólico de encendido que tanto lles gustou ós veciños e veciñas mosenses o Nadal pasado. A actividade comezará ás 18.00 horas cunha festa infantil con DJ e a visita de A Patrulla ao Rescate, con cuxos personaxes poderanse facer fotos os cativos presentes. Será ás 19.00 horas cando se produza o encendido da iluminación de Nadal, rematando a velada cun chocolate con rosca gratis para todas as familias asistentes.
A Patrulla ao Rescate serán os protagonistas da programación navideña deste ano, xa que tamén acompañarán ás Súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente na Cabalgata do día 5 de xaneiro ás 18.00 horas pola Avenida de Sanguiñeda.
Outro prato forte do programa de Nadal para este ano é o cine, tanto infantil como para adultos. Proxectaranse dúas películas infantís no Centro Dotacional de Torroso: ‘Del Revés’ e ‘Atrapa la Bandera’, mentres que o filme para maiores de 16 anos da programación navideña será ‘Palmeras en la Nieve’.
A programación deste ano caracterízase por constar de actividades que fomentan o ocio familiar. Así, dentro do programa Ocio en Familia, a Compañía Os Quinquilláns representará o espectáculo ‘Por que é salgada a auga do mar?’ e o Mago Rafa actuará no Pazo de Mos. Migallas representará o espectáculo ‘Canta Connosco’ que ademais contará coa presencia dun Carteiro Real.
Tamén haberá música, xa que o grupo Os Chavellos presentará o seu disco; e baile, coa actividade ‘Ven e descobre o baile deportivo’ na Escola Municipal de Baile Deportivo de Mos, e ao cargo da campiona Patricia Martínez.
Rondallas
Unha importante novidade do programa navideño deste ano é que se recupera o tradicional Certame de Rondallas, que terá lugar no Pazo de Mos. As rondallas son enormemente populares na localidade mosense, na que contan cunha histórica e importantísima afición.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149