Martes, 20 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 02 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

O Pleno de Mos apoia aos afectados pola oleada de roubos e pide a Interior que intensifique a vixilancia

Os grupos da Corporación aprobaron por unanimidade esta tarde unha declaración institucional ao respecto

[Img #29177]

 

O Pleno da Corporación Municipal de Mos aprobou por unanimidade na sesión desta tarde amosar o seu apoio e solidariedade aos veciños das zonas afectadas ante a recente oleada de roubos e solicitar ao Ministerio de Interior o reforzo dos efectivos de vixilancia no Concello de Mos.

 

Ante a última oleada de roubos acontecida no barrio da Gándara, na Parroquia de Mos (9 en menos dun mes), o Pleno da Corporación Municipal manifestou a solidaridade e apoio dos corporativos aos veciños e veciñas das zonas do Concello afectadas e decidiu solicitar o reforzo da seguridade por parte do Ministerio de Interior para tranquilidade da veciñanza.

 

A alarma veciñal é evidente, xa que os habitantes da Gándara víronse obrigados a constituír unha patrulla cidadá de vixilancia. “Unha preocupación totalmente xustificable e xustificada ante a que queremos presentarlles todo o noso apoio, tanto a eles coma os habitantes doutras zonas do municipio perxudicadas por roubos”, explicou a alcaldesa, Nidia Arévalo.

 

Así mesmo, dito apoio maniféstase tamén na búsqueda dunha solución mediante o requerimento ao Ministerio do Interior dun reforzo e intensificación da vixilancia na localidade por parte dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, dada a situación extraordinaria que repercute nun elevado número de afectados.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.