Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 02 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
O Porriño

Reclamación sobre Frigolouro no Parlamento de Galicia

[Img #29178]

 

O voceiro de Industria do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Abel Losada, pediu este venres ao Goberno de Galicia que reclame “contrapartidas” ás empresas beneficiarias de axudas públicas. Así o dixo no debate dunha pregunta oral sobre a ameaza da empresa Frigolouro de abandonar o centro de O Porriño no caso de que o Concello non atenda ás súas demandas.

 

Abel Losada reclamoulle ao goberno que “protexa o interese colectivo” e que condicione as axudas prestadas ao actual presidente do Grupo e tamén propietario da empresa porriñesa, que a propia directora xeral de Emprego cifrou en 2,4 millóns de euros dende 2009. Losada defendeu o apoio financeiro dende o goberno galego ás empresas, pero reclamou contrapartidas en forma de calidade do emprego ou calidade medioambiental.

 

Losada sinalou que “a Administración non pode facer ouvidos xordos fronte á precarización laboral mentres concede subvencións necesarias”, e reclamou “coñecer a súa posición diante destas estratexias dirixidas a obter fondos públicos e ameazar coa deslocalización e o empeoramento das condicións laborais”.

 

O deputado sinalou que a empresa pretende obter “plusvalías urbanísticas satisfactorias para os seus propietarios” derivadas dunha privilexiada localización no casco histórico. A continuación atópase coa falla de chan industrial, ofrecido nos polígonos achegados a prezos “exorbitantes”, que fan moito máis rendible desprazarse a Portugal mentres o goberno galego permanece impávido.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.