Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 05 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
O Porriño

O Porriño, Ponteareas, Tomiño e Salceda coordinan proxectos europeos de formación

[Img #29183]

 

O Concello do Porriño, por medio da Concellería de Educación, que dirixe Lourdes Moure, impulsará, dende principios de 2017, xunto cos concellos de Ponteareas, Tomiño e Salceda, e liderado por Amador Ordoñez, coordinador de proxectos europeos do IES Ribeira do Louro, a creación dunha rede de centros educativos  a nivel da Unión Europea,  que ten coma obxectivo impulsar o concepto de emprendimento entre os profesores e  alumnos de distintos cursos, optando a fondos europeos para poder levar adiante os seus obxectivos.

 

O primeiro deles, tal e coma se perfilou este venres nunha xuntanza á que asistiron representantes de Educación dos catro concellos, xunto co alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, e a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, é a creación dunha Plataforma on line para promover nos centros de formación, e para traballar conxuntamente, no eido europeo, poñendo en man dos centros unha ferramenta que facilite esta labor mediante a formación e a mobilidade de profesores e estudantes.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.