Jueves, 02 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 03 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
Provincia

As Rías Baixas rexistran unha ocupación hoteleira do 43% en novembro

Segundo datos de Turismo Rías Baixas para esta ponte a ocupación será próxima ó 40% significando 19 puntos máis que o ano pasado

Os datos de ocupación hoteleira recollidos polo servizo de turismo da Deputación de Pontevedra volven a arroxar datos positivos para o sector nas Rías Baixas. A Presidenta da institución provincial, Carmela Silva, manifestou que “se ó remate da temporada estival facíamos balance do mellor verán turístico das Rías Baixas, con datos de ocupación próximos ó 80% - os mellores desde que hai rexistros- os datos deste outono seguen a ser moi positivos”. En concreto, Silva referiuse a que o pasado mes de novembro mantivo unha ocupación hoteleira do 43%, case 20 puntos por riba que novembro de 2015, superando o 82% en concellos do Condado e da Paradanta ou o 50% en Deza e Tabeirós- Terra de Montes.

 

[Img #29185]A Presidenta da Deputación de Pontevedra, ademais dos datos das comarcas do Condado, A Paradanta, Deza e Tabeirós-Terra de Montes, tamén adiantou os datos das comarcas de Caldas que superou o 46%, O Salnés que chegou ó 39%, Pontevedra que acadou o 37,5%, Vigo que superou o 32%, O Baixo Miño que sumou máis do 31% e O Morrazo que ascendeu ó 20%.

 

En canto ó turismo rural, Carmela Silva manifestou que se superou en máis de 6 puntos a porcentaxe de ocupación con respecto a novembro de 2015, rexistrándose as cotas máis elevadas en Caldas e Pontevedra.

 

Para esta ponte de decembro, a Presidenta da Deputación de Pontevedra asegurou que a ocupación hoteleira na provincia de Pontevedra será próxima ó 40%, 19 puntos máis que o mesmo período do ano 2015, e o turismo rural superará en 10 puntos os resultados de decembro de 2015.

 

En canto ó perfil do turista que visitou as Rías Baixas durante o pasado mes de novembro, Carmela Silva indicou que procedían do noso país (84,21%), principalmente de Madrid, Barcelona e Asturias, que se aloxaron en hoteis (54%) de Sanxenxo, Cambados, O Grove e Vigo, durante 4-6 días. Chegaron ata a provincia de Pontevedra empregando as estradas e o avión e o principal motivo polo que nos visitaron é a cultura (45%), seguido de ocio en xeral (38%). Ó respecto, Carmela Silva asegurou que “estas porcentaxes veñen a poñer de manifesto que o turismo nas Rías Baixas non está xa ligado ó sol e á praia, senón a aspectos máis relacionados coa cultura e ocio, o que amosa un cambio nos hábitos das persoas que nos visitan”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.