Lunes, 22 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 06 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
Salvaterra de Miño

En catro anos se duplicaron as adegas que o comercializan o espumoso Rías Baixas

A conselleira do Medio Rural deu a coñecer este dato durante a III Festa do Viño Espumoso da Denominación de Orixe Rías Baixas, que tivo lugar na localidade pontevedresa de Salvaterra de Miño esta fin de semana

[Img #29210]

 

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, destacou esta fin de semana o crecemento rexistrado na produción de viño espumoso dentro da Denominación de Orixe (D.O.) Rías Baixas. Así, salientou que nos últimos catro anos o número de adegas que comercializa este viño se duplicou, pasando de 5 a 10, e que o volume de litros vendidos medrou nun 410%, pasando de algo máis de 18.000 en 2012 aos actuais 95.000.

 

Ángeles Vázquez participou, xunto co vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, na III Festa do Viño Espumoso da D.O. Rías Baixas, que tivo lugar na localidade pontevedresa de Salvaterra de Miño. Neste acto estiveron acompañados pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, polos delegados territoriais de Pontevedra e Vigo, José Manuel Cores Tourís e Ignacio López-Chaves, e polo alcalde desta vila, Arturo Grandal, entre outras autoridades.

 

A conselleira puxo en valor tamén os datos da última vendima nesta denominación, que cualificou como “excelentes” tanto en cantidade como en calidade. Así, destacou que foi a única D.O. que rexistrou un aumento da produción respecto ao ano pasado (un 5%) e de ata un 21% en relación á media da década.

 

A titular de Medio Rural rematou a súa intervención felicitando a colleiteiros, adegas, Consello Regulador e Concello de Salvaterra por estes bos resultados e pola organización da festa, que este ano acada xa a súa terceira edición.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.