Martes, 27 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 07 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
Ponteareas

O Goberno conecta a auga dos vestiarios das instalacións deportivas de Pardellas á traída municipal

As duchas e os lavabos levaban abastecéndose de auga procedente do río Tea dende fai máis de corenta anos

O Goberno local ven de solucionar unha "histórica demanda" dos cidadáns e usuarios das instalacións deportivas de Pardellas: os vestiarios terán auga procedente da rede de abastecemento pública. Até o momento, a auga da que se facía uso nas instalacións de Pardellas procedía do río Tea.

 

Chus Garrote, concelleira de Vías e Obras, sinala que "anteriormente xa o Partido Popular fixera a correr nas semanas previas a unhas eleccións municipais parte da conexión necesaria a través de diversos montes particulares que se atopan entre as instalacións e as instalacións de Viaqua, concesionaria da traída municipal. Sen embargo, nunca se chegara a rematar e as obras que se fixeran quedaron esquecidas pasadas as eleccións".

 

“O complexo deportivo de Pardellas  presenta numerosas eivas  e problemas que estamos tratando de solucionar. Esta obra é sumamente importante, porque así garántase unha mellor calidade da auga do complexo. As instalacións de fontanería do complexo son obsoletas e en moitas ocasións parte dunha mala xestión no momento no que as obras se fixeron inicialmente, sen ter en conta que o río Tea inunda varias veces ao ano as instalacións, provocando a cotío numerosas roturas por mor desta problemática. Progresivamente levaremos a cabo todas as actuacións necesarias para mellorar a situación do complexo”, indica o concelleiro de Deportes, Benito Márquez.

 

Neste sentido, o Goberno levará a cabo tamén unha adecuación de certas habitáculos, co fin de alzar certas partes da instalación de fontanería como os motores coa intención de que coas riadas do inverno do río Tea estes sistemas non se vexan afectados. Tamén, a maiores, estanse levando a cabo outras obras menores como a instalación de varias  arquetas, a limpeza das cunetas, así como a instalación de amortecedores nas fiestras da cantina. "A mellora das ventás da cantina era tamén outra das queixas que existían enriba da mesa, xa que tal e como estaban era un perigo diario para calquera persoa que ata alí se achegase", sinala o edil de Deportes.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.