Tui
Os grupos folclóricos de Tui saen a rúa para animar o Nadal
O Concello organiza diferentes actividades dentro do marco de Animación de Rúa con actuacións ao longo destes días
A Concellería de Cultura pon en marcha unha intensa axenda de actividades para este Nadal. As actuacións de rúa comezarán este xoves, coincidindo coa celebración da Feira Solidaria de Nadal. O Grupo de gaitas O Mosteiro de Pexegueiro actuará a partir das 12:30 horas na Praza de San Fernando.
Esta mesma fin de semana, as actuacións folclóricas continuarán o sábado co grupo de pandereiteiras Asdabía de Caldelas e o grupo de gaitas Santa Columba de Ribadelouro ao longo de todo o día polas rúas do centro urbano. O domingo volverán as pandereitieras Asdabía de Caldelas e o grupo de gaitas xuntanza de Randufe.
Por último, o sábado 17 o grupo de gaitas Seixos Albos de Areas percorrerá as rúas da cidade a partir das 18:00 horas.
Ademais da animación na rúa que, xunto co alumeado de Nadal, busca fomentar o ocio na cidade e potenciar o comercio local, o xoves 15 de decembro, na Biblioteca Municipal, inaugurarase a exposición do concurso de postais de Nadal organizado pola Asociación de Párkinson do Baixo Miño en colaboración co Concello de Tui.
O concurso, no que participan tamén a Asociación de Enfermos de Alzheimer, Afaga, o centro de día Amoralia e a residencia Paz e Ben. A data límite para participar é o 14 de decembro. A postal gañadora decidirase por votación popular e o premio consistirá nun lote de libros doados polo Concello de Tui.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149