Provincia
Preto de 1.100 persoas de 12 concellos da provincia participan este xoves e na fin de semana no programa “En ruta coa Depo”
En total 19.000 persoas gozan, a través desta iniciativa, de alternativas de lecer dinámico e saudable para coñecer lugares emblemáticos da provincia
![[Img #29242]](upload/img/periodico/img_29242.jpg)
“En ruta coa Depo”, programa da Deputación de Pontevedra xestionado a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, organiza para este xoves e esta fin de semana novas saídas pola provincia, nas que van participar 1.066 persoas pertencentes a asociacións dos concellos de Arbo, A Estrada, A Guarda, Lalín, Marín, Meis, Moaña, Mos, Poio, Ponteareas, Redondela e Vigo.
En concreto, nestas rutas participarán a Asociación de la Tercera Edad Garatuxa de As Nosas Rúas (Vigo), a ANPA Alborada CEIP Santa Mariña de Cabral (Vigo), a Asociación de Mulleres Rurais Os Pazos (Meis), a Asociación de Vecinos San Vicente de Trasmañó (Redondela), Balaídos CF-Casa de Andalucía de Vigo (Vigo), Asociación Mulleres en Igualdade de Busto (Lalín), Casa Cultural Artística e Deportiva de Areas (Ponteareas), Asociación de Veciños San Esteban de Cumiar (Ponteareas), Asociación Amigos de los Pazos (Vigo), Asociación Mulleres en Igualdade de Donramiro (Lalín), Asociación Mulleres Rurais San Andrés de Vea (A Estrada), Agrupación Cultural A Cividade (Mos), Asociación 3ª Edad Quiñones de León (Vigo), Mulleres en Igualdade Poio (Poio), Asociación de Mulleres de Moaña (Moaña), Asociación Solidaria de Paradanta (Arbo), Fundación Las Samaritanas (A Guarda), Asociación de Consumidores e Iniciativa Social de Amas de Casa de Marín (Marín), S.C.D.R. Helios (Vigo) e Asociación de Veciños As Nosas Rúas de Vigo (Vigo).
Estas asociacións realizarán rutas polo concello de Cambados e Ribadumia; percorrerán Catoira, Vilagarcía de Arousa e Cuntis; visitarán Cangas, Hío e o Museo Massó de Bueu; achegaranse a Silleda para coñecer o Mosteiro de Carboeiro, a fervenza do Toxa, castros e un taller de zocos; visitarán os museos de Lalín e o complexo arqueolóxico Aldea de Codeseda; coñecerán o mosteiro da Armenteira, a Aldea Labrega e pazo de Señoráns, e a Ruta da Pedra e da Auga de Meis; subirán á citania de Santa Trega, pasearán polo conxunto histórico de Tui e pola beira do Miño; pasearán en barco pola ría de Arousa con degustación gastronómica, descubrindo O Grove e os seus atractivos turísticos; achegaranse a Redondela para visitar San Simón e realizarán unha andaina por unha parte do Camiño Portugués do Norte.
“En Ruta coa Depo” é un programa da Deputación de Pontevedra que propón alternativas de lecer dinámico e saudable pretendendo mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia de Pontevedra. Ofŕecense case vinte rutas distintas por lugares emblemáticos da provincia con distintos tipos de propostas para todos os públicos: rutas dinámicas e activas para a xente máis moza, rutas interxeracionais para Anpas e familias, rutas adaptadas para persoas con mobilidade reducida, rutas marítimas e rutas por enclaves singulares. Este programa, xestionado a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, vai permitir que, ata finais de ano, máis de 19.000 persoas coñezan mellor a provincia. Invístese un total de 238.500 euros nesta iniciativa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115