Galicia
O DOGA publicará esta semana o Plan Anual de Inspección Comercial para 2017
O Diario Oficial de Galicia publicará a vindeira semana o Plan Anual de Inspección Comercial para 2017, que incide na información e asesoramento aos comerciantes sobre a normativa comercial, así como na corrección dos incumprimentos, co obxectivo de mellorar a calidade do comercio galego e o servizo aos consumidores neste eido.
Neste sentido, cómpre sinalar que dentro da campaña informativa incluída no Plan de Inspección Comercial para 2016 se logrou un 90% de cumprimentos na segunda visita de comprobación.
No Plan para o vindeiro ano, que se fixa o obxectivo de chegar a máis de 700 establecementos ao longo do ano, establécese unha vez máis unha campaña de información sobre normativa comercial, na que os establecementos terán un prazo para emendar as infraccións detectadas. No tocante ás campañas de control do cumprimento da normativa, no 2017 estarán centradas nas promocións de vendas (rebaixas, liquidacións e descontos); os prezos e os medios de pagamento; a devolución de produtos; as vendas a perda, e os horarios comerciais. Do mesmo xeito, realizaranse tamén verificacións do cumprimento das subvencións.
Ademais das inspeccións planificadas, a inspección comercial tamén realizará inspeccións no caso de ter coñecemento ou indicios da existencia de feitos que poidan ser constitutivos de infracción administrativa.
O de 2017 é o terceiro Plan Anual de Inspección Comercial trala aprobación a finais de 2014 do decreto polo que se desenvolve regulamentariamente o papel da inspección de comercio de Galicia, regulada na Lei 13/2010 de Comercio Interior de Galicia.
Este decreto contempla a posta en marcha de plans anuais de inspección co obxectivo de maximizar a eficacia e eficiencia da actividade inspectora que xa se viña desenvolvendo, e potenciando a actuación da inspección de comercio na súa vertente de apoio e asesoramento ao sector; así como o seu labor preventivo para corrixir determinados incumprimentos e mellorar aspectos da súa actividade en beneficio das persoas consumidoras.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217