Galicia
Aberto o prazo de presentación para o programa de intercambio académico Iacobus
A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP, AECT) vén de abrir o prazo de presentación das candidaturas da IV convocatoria do programa Iacobus. Nesta edición o programa simplifica os seus procedementos, e contempla a presentación das candidaturas a través dunha nova plataforma electrónica.
O Iacobus é un programa de intercambio de investigadores, docentes e persoal de administración e servizos, entre distintas institucións do ensino superior de Galicia e do norte de Portugal, abranguendo todas as áreas de estudo. Do Iacobus forman parte as Universidades da Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Porto, Miño, Trás-os-Montes e Alto Douro e a Católica Portuguesa, para alén dos Institutos Politécnicos do Porto, Bragança, Viana do Castelo e Cávado.
As tres Convocatorias realizadas entre os anos 2014 e 2016 tiveron un gran seguimento, tanto a nivel de candidaturas presentadas como de proxectos aprobados. Na 1ª convocatoria, de 190 candidaturas, foron aprobados 118 proxectos; na 2ª presentáronse a concurso 223 candidaturas, sendo seleccionados 119 proxectos e na 3ª 130 candidaturas foron elixidas dun total de 203 presentadas. Das tres convocatorias, beneficiáronse 367 persoas de ámbolos sexos e de distintas idades.
As candidaturas poderán presentarse ata o 11 de xaneiro de 2017. Os intercambios (de 1 a 2 semanas para Profesores e PAS e de 1 a 3 meses para investigadores) poderán ser realizados desde o 1 de febreiro ata o 30 de xuño de 2017. Toda a información desta nova convocatoria e as súas bases, están dispoñibles na web do programa iacobus.gnpaect.eu

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217