Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 14 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
O Porriño

‘Tecendo lazos’, unha actividade que xunta a maiores e rapaces

[Img #29289]

 

Xa está aberto, no Centro da Terceira Idade, o prazo de inscrición para todas aquelas persoas que queiran anotarse en ‘Tecendo Lazos’, unha actividade impulsada pola Deputación de Pontevedra, en colaboración co Concello do Porriño, que se realizará os días 22,23,26 e  27 de decembro de 4 a 7 da tarde, e que ten coma obxectivo xuntar a maiores con xoves.

 

Durante a mesma, as familias construirán xuntas xoguetes tradicionais cos que xogaban os seus maiores, para que as nenas e nenos poidan coñecelos, e que servirá, á súa vez, para facer un repaso á historia. Así mesmo, as e os pequenos terán a oportunidade de mostrarlles ás súas nais e pais os xoguetes e xogos actuais.

 

‘Tecendo Lazos’ estará composto por varios obradoiros: un de Xogos de Patio, onde os participantes realizarán unha posta en común dos xogos de patio máis utilizados na súa época, tanto nas xeracións mais maiores coma nos máis cativos.

 

Obradoiro de Creación de Xoguetes, no que os participantes realizarán unha posta en común dos xogos máis utilizados na súa época, e construirán todos xuntos aqueles xoguetes e elementos máis utilizados tanto nos xogos tradicionais da súa zona.

 

Por último estará o obradoiro e Xogos de Mesa,  realizando unha posta en común dos xogos de mesa tanto das épocas das xeracións de máis idade coma das xeracións máis xoves, unha actividade que, coma todas as de máis, abrangue unha recolleita dos xogos a través do tempo, por suposto, partidas prácticas e, o que é máis importante, a relación destes entretementos coa historia do Porriño.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.