Nigrán
Nigrán instala bancos ao longo do Sendeiro Azul de Lourido
![[Img #29293]](upload/img/periodico/img_29293.jpg)
O Concello de Nigrán ven de instalar diversos bancos ao longo do sendeiro azul de Lourido, tramo onde ata agora non existía ningún pese a ser algo moi demandado por persoas maiores do entorno. A obra, financiada nun 90% pola Deputación de Pontevedra e cun orzamento de 13.333,33 euros, se enmarca nun convenio co ente provincial para mellorar o Sendeiro Azul de Praia América e Panxón que tamén inclúe a reparación da "fonte seca" ou do reloxio solar e se encadra na política de “Un Nigrán para todos” que busca facilitar a accesibilidade a tódalas persoas.
"Era inconcebible que nun paseo tan fermoso e con tanta pendente non existisen bancos para poder descansar ou desfrutar das vistas. Queremos por en valor todo este entorno privilexiado do esteiro da Foz, e para elo son básicos aspectos como bancos con vistas á Ladeira ou ao Oceano Atlántico", explica o alcalde, Juan González.
A Deputación de Pontevedra ten en marcha un plan de acondicionamiento dos sendeiros azuis da provincia cun orzamento de 183.333,26 euros. O de Nigrán acadou este título en 2013 e se localiza nunha ensenada orientada cara o oeste entre Monteferro e Monte Lourido. Na súa zona central desemboca o río Muiños dividindo o sistema dunar en dúas partes: Areal de Panxón e Areal de Praia América.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184