Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 17 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Tecendo Lazos en Gondomar

O programa da Deputación de Pontevedra, Tecendo Lazos, que trae a Gondomar a Concellería de Xuventude  (OMIX), dirixida por Nuria Lameiro  abriu o  seu prazo de inscrición ata o día 23 de este mes.

 

No marco de este programa, celebrarase entre os días 2 e 5 de Xaneiro, o taller Risos en familia, un taller de risoterapia adicado a nenos e nenas, pais, nais e avos e avoas; en horario de mañá de 10 a 14h no Centro Neural.  Completarase o taller con un apartado para a historia de Gondomar.

 

Os nenos menores de 13 anos deberán estar acompañados por un tutor ou tutora e os maiores de dita idade poderán participar sempre e cando presenten unha autorización. O taller estará dirixido por monitores e as prazas son limitadas.


A inscrición pode realizarse na oficina da OMIX na  Casa da Cultura ou no Rexistro do Concello; é preciso cubrir a solicitude e entregar fotocopia do DNI. Por cada inscrición  poderanse anotar ata 4 participantes.

 

Máis información no número de teléfono 986 369 746 ou no correo omix@concellodegondomar.com

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.