Martes, 20 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 18 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
Tui

Novo Plan Reitor de Uso e Xestión do Parque natural do Monte Aloia

A directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz, participou o pasado día 16 na reunión ordinaria da xunta consultiva deste espazo natural

O Parque natural do Monte Aloia contará o próximo ano cun novo Plan Reitor de Uso e Xestión. Así o comunicou este pasado venres a directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz, durante a súa participación na reunión ordinaria da xunta consultiva deste espazo natural, que tivo lugar no centro de interpretación da natureza  “Casa Forestal Enxeñeiro Areses”.

 

Nesta xuntanza, ademais, foi presentada a memoria anual de actividades que se desenvolveron no Parque Natural durante o 2016.

 

En canto a actuacións futuras, adiantou que se adxudicaría de forma inminente o contrato para o deseño e execución de campañas de divulgación e promoción do turismo de natureza sustentable e de educación ambiental que, cofinanciado polo FEDER, desenvolverase en todos os parques naturais galegos e dará servizo de atención ao público durante os próximos dous anos

 

Xuntas consultivas

As xuntas consultivas están reguladas pola Lei 9/2011, de 21 de agosto, de Conservación da natureza, así como polo Decreto 265/2007, do 28 de decembro, que establece a composición das mesmas. Teñen como obxectivo colaborar na xestión do espazo protexido e canalizar a participación dos propietarios e os intereses sociais. Para conseguilo, contan con membros que representan ás administracións, aos propietarios e a entidades relacionadas cos parques naturais.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.