Provincia
Ocupación hoteleira próxima ao 47% na ponte de decembro
Segundo o servizo de turismo da Deputación de Pontevedra, os resultados superaron en 26 puntos aos da mesma ponte do ano 2015
![[Img #29322]](upload/img/periodico/img_29322.png)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer esta mañá os resultados de ocupación hoteleira da provincia de Pontevedra relativos á pasada ponte de decembro e que se sitúan no 47%. Silva destacou que “se a comezos de decembro falábamos de que durante a ponte teríamos unha ocupación próxima ó 40% o certo é que superamos as nosas propias expectativas e os resultados se situaron no 46,75%, é dicir, 26 puntos por riba que a mesma ponte do 2015”.
Por comarcas, tal e como informou Carmela Silva, O Salnés acadou o 52% de ocupación, ascendendo ata o 70% en localidades como Vilagarcía e achegándose ó 100% en establecementos como o Parador de Cambados.En Pontevedra a ocupación foi do 50%, 25 puntos por riba do que estimaba Turismo Rías Baixas, e no Morrazo superouse o 23%. A comarca de Caldas acadou o 80% e Vigo superou o 53%, con porcentaxes de ata o 80% na cidade de Vigo na primeira parte da ponte.O Baixo Miño acadou unha ocupación do 24%, O Condado e A Paradanta superaron o 50% e en Deza e Tabeirós-Terra de Montes a ocupación definitiva foi do 41%.
A Presidenta da Deputación de Pontevedra asegurou que os resultados en canto ó turismo rural foron similares ás previsións de Turismo Rías Baixas, é dicir, 10 puntos por riba da ponte de decembro de 2015.
Carmela Silva manifestou que “estes resultados seguen a poñer de manifesto que o outono está sendo moi positivo para o turismo das Rías Baixas e continúan a liña do verán, cando acadamos o 80% de ocupación, os mellores datos dende que hai rexistros”.
En canto ó turista que visitou as Rías Baixas durante a ponte, a Presidenta da Deputación de Pontevedra manifestou que eran persoas españolas (89%) aínda que se rexistrou un notable incremento do turismo alemán e inglés. A porcentaxe maioritaria de persoas tiñan entre 35 e 60 anos, procedían de Madrid e Barcelona, aloxáronse en Sanxenxo, Vigo e O Grove durante 1 e 3 días, o 62% non coñecían Rías Baixas, chegaron empregando o coche e o avión e viñeron motivados pola cultura e o ocio da nosa provincia, “o que manifesta – tal e como destacou Silva- que o turismo nas Rías Baixas xa non está ligado ó sol e á praia senón que os intereses dos turistas están mudando”.
Carmela Silva subliñou que cada vez chegan máis turistas en avión, “de feito, este ano o aeroporto de Peinador rexistrou 890.654 pasaxeiros o que supón un crecemento do 35,6% no 2016, máis do triple que a media nacional –cuxo crecemento é do 10%- e superando con creces ós restantes aeroportos galegos que medran o 9,6% no caso de Lavacolla e 3,6% de Alvedro”.
Q de Calidade Turística
Tamén en materia turística a Presidenta da Deputación de Pontevedra deu a coñecer que as oficinas de información turística da institución situadas no Palacete das Mendoza e Mosteiro de Armenteira veñen de recibir a renovación da certificación “Q” de Calidade Turística, outorgada polo ICTE (Instituto de Calidad Turística Española) e que será entregada co gallo de Fitur.
Estas dúas oficinas de Turismo Rías Baixas –tal e como manifestou Carmela Silva- recibiron por primeira vez a “Q” de Calidade no ano 2014, converténdose nas primeiras oficinas de turismo de Galicia en recibir esta distinción que acredita que cumpren cuns requisitos específicos en materia de calidade dos servizos. En concreto, a “Q” valora o esforzo pola promoción da participación activa das usuarias e usuarios na mellora do punto, pola maior confianza na profesionalidade e formación do persoal e o impulso da mellora da xestión da oficina .
A Presidenta da Deputación manifestou que nestes momentos son tres os puntos de información turística de Galicia co distintivo “Q” de calidade: as dúas da institución provincial e a oficina de turismo municipal de Sanxenxo. Amais, tamén acaban de acadar a “Q” de calidade turística os primeiros cámpings da provincia de Pontevedra: “Paisaxe II” do Grove e “Baltar” de Sanxenxo.
A provincia de Pontevedra conta con 115 establecementos coa “Q” de Calidade Turística que supoñen o 40% dos establecementos de Galicia, que conta con 284 entidades certificadas. Ó respecto, Carmela Silva manifestou a súa satisfacción “pola excelencia da nosa provincia e polo esforzo que entidades e empresas están a realizar en materia de calidade, que está a repercutir de forma tan positiva no sector turístico, tan importante para a economía das Rías Baixas”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115