Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 18 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
Provincia

A Deputación renova a campaña para a adquisición de xogos e xoguetes non sexistas e non violentos

Este ano a campaña contará cun novo xogo, o “comecocos”, que persegue a estimulación da curiosidade, imaxinación e creatividade das cativas e cativos

[Img #29323]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, sinalou este venres no Pazo provincial que a institución provincial vén de reeditar a campaña para o impulso e adquisición de xogos e xoguetes non sexistas e non violentos coincidindo co inicio das compras do Nadal. A campaña, que comezou o ano pasado, renóvase nesta ocasión para contar cunha nova imaxe e cun noxo xogo, o “comecocos”, que se materializará nunha figura recortable que aparecerá nos medios de comunicación impresos.

 

Carmela Silva asegurou que “especialmente nestas datas sempre recibimos publicidade de xoguetes que perpetúan os estereotipos e roles de xénero que foron asignados socialmente”. Estas publicidades, afirmou, “emiten mensaxes dirixidas ás nenas sobre coidado, beleza, tarefas do fogar en seccións de cor rosa e aos nenos relacionadas co deporte, ciencia ou aventura en seccións de cor azul. As nais e pais non deben permitir que as empresas de xoguetes impoñan roles ás nenas e nenos e debemos loitar contra isto dunha maneira moi activa, xa que é unha obriga dunha administración pública que cre nunha sociedade igualitaria onde todas as persoas teñan as mesmas liberdades”.

 

A segunda campaña de sensibilización de xogos e xoguetes non sexistas nin violentos leva por nome “Xogamos? Comámonos un pouco o coco. A diferenza non a marques ti” e consiste no tradicional “comecocos”, un xogo “divertido e motivador, no que poden participar tanto nenas e nenos sen distinción, interaccionando e favorecendo así a súa comunicación”, asegurou a Presidenta provincial, que engadiu que “queremos que as cativas e cativos personalicen o seu comecocos e inclúan todos os xogos que se lles ocorran”.

 

Malia isto, a Deputación de Pontevedra propón xa unha serie de xogos: “O conto do revés (conta un dos teus contos dándolle a volta ás personaxes)”, “Na procura do tesouro (agocha un tesouro e dá as indicacións frío ou quente segundo se acheguen ou afasten del)”, “Eu de maior quero ser (con mímica dille ó grupo cal é a túa profesión favorita)”, “O tres en raia (pinta unha cuadrícula con 9 ocos e a facer tres en raia)”, “Tira a lata (constrúe unha torre con 10 latas seguindo o esquema 4,3,2,1 e logo tira a bola)”, “A cidade imaxinaria (usa a túa imaxinación e crea a cidade con calquera material que atopes na cidade na que che gustaría vivir)”, “A comba” e “O xogo da cadeira (cando pare a música tes que atopar sitio para sentar)”.

 

A Presidenta provincial, Carmela Silva, asegurou que “consideramos fundamental recalcar a importancia dunha boa elección dos xogos, dos xoguetes, con videoxogos, dos contos e demais obxectos que mercamos ás nosas cativas e cativos” xa que, sinalou, “é a nosa responsabilidade elixir un xoguete que dea resposta ás necesidades de quen vai xogar con el, ao tempo que estimula a súa curiosidade e desenvolve a súa imaxinación e creatividade”. Neste senso, a Deputación de Pontevedra escolleu o “comecocos” por ser un xogo que “busca a cooperación, favorece a amizade, o respecto á diferenza a as relacións de igualdade fronte á rivalidade e á violencia”, engadiu Carmela Silva.

 

A Deputación de Pontevedra pon en marcha esta campaña de sensibilización co obxectivo de que os xogos e xoguetes favorezan o desenvolvemento integral das máis pequenas e pequenos, facéndoos e facéndoas pensar, propiciando a súa creatividade, comunicación e axuda fronte á rivalidade, fomentando a relación entre iguais e sen vetar ningunha das capacidades que teñen as nenas e os nenos. A Deputación de Pontevedra persegue, con esta iniciativa, que os xogos e xoguetes divirtan ás cativas e cativos, “que lles permitan imaxinar un futuro no que poden desenvolver distintas profesións e gozar do coidado da súa familia, independentemente de que sexan mulleres ou homes”, lembrou a Presidenta, “sen forzar a xogar con xoguetes que non lles gustan pero tampouco impedindo que escollan os atribuídos pola sociedade a outro sexo, senón impulsando un cambio”, sinalou Carmela Silva.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.