Mos
Ningún neno quede sen agasallo este Nadal
Este proxecto chegará a 100 nenos de familias usuarias de Servizos Sociais
![[Img #29325]](upload/img/periodico/img_29325.png)
Grazas á colaboración de ‘Elfos y Calcetines’ e da Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS, co Concello; ningún neno de Mos quedará sen o seu xoguete a noite de Reis. Como cada ano dende o departamento municipal de Servizos Sociais fíxose un labor de coordinación entre as familias usuarias do departamento, ‘Elfos y Calcetines’ e AEMOS; de xeito que os cativos destas familias escribisen as súas cartas aos Reis Magos para que os voluntarios colaboradores de ‘Elfos y Calcetines’ se encargasen de mercalos.
Deste xeito os nenos e nenas do programa recibirán alomenos un dos agasallos pedidos nas súas cartas. Agasallo que será complementado, por outra banda con xoguetes didácticos como puzles e libros doados por AEMOS. Todos os agasallos, tanto os de ‘Elfos y Calcetines’ como os dos empresarios, están adaptados ás idades dos beneficiarios, que son un total de 99 nenos e nenas mosenses.
O presidente de AEMOS, Asociación que leva 14 anos colaborando co Nadal Solidario do Concello de Mos, Manuel Castro Álvarez, visitou esta seman acompañado da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e da concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, a sede de ‘Elfos y Calcetines’ en Mos, sita na Avenida de Sanguiñeda, e foron recibidos pola promotora do proxecto, Lala Dóniz.
Castro expresou a intención de AEMOS cara ao ano que ben, de continuar colaborando neste proxecto para tentar aínda melloralo, se cabe, “porque se trata dunha iniciativa moi gratificante”, declarou.
Os case 100 nenos mosenses de familias usuarias de Servizos Soaciais recibirán os seus regalos de Reis, de mans das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, nun acto que se celebrará o 5 de xaneiro pola mañá no Multiusos das Pozas. O ano pasado foron uns 70 cativos os beneficiados por esta iniciativa.
Lala Dóniz é a promotora da campaña ‘Elfos y Calcetines’, que conta coa colaboración de administracións locais e ONG’s, co fin de que, todos os cativos de Galicia e doutros puntos da xeografía española (entre 2.700 e 2.800 cativos beneficiarios), reciban alomenos un dos agasallos que piden por Nadal. E Lala logrouno, pois ten excedente de voluntarios que queren colaborar, xa que conta con 3.000 voluntarios inscritos.
Esta altruísta veciña de Sanguiñeda, amósase moi agradecida pola resposta da xente á súa campaña.
‘Elfos y Calcetines’
O sistema de funcionamento de ‘Elfos y Calcetines’ consiste en que a cada Elfo, -voluntario colaborador-, se lle asigna un Calcetín, -neno ou nena beneficiario desta iniciativa solidaria-. Cada pequeno escribe a súa carta cunha lista de agasallos, ou cun só, como desexe, con prezos non superiores a 30 euros para evitar que uns reciban máis que outros; cada carta identifícase cun código para preservar a identidade do menor remitente (os Elfos non son coñecedores dos datos persoais dos cativos) e fáiselle chegar ó Elfo correspondente, que se encarga de mercar o agasallo e facelo chegar a un dos Puntos Elfo de recollida existentes, que son establecementos comerciais que se adscribiron como colaboradores a esta campaña solidaria. Unha vez nos puntos de recollida, os agasallos son novamente recolectados e distribuídos polas entidades, organismos e administracións colaboradores (que no caso de Mos é o Concello), para proceder ó seu reparto entre os nenos Calcetíns beneficiarios.
Para máis información sobre esta iniciativa ou colaboración coa mesma os interesados poden visitar o seu perfil de Facebook, a páxina web www.elfosycalcetines.org ou escibir un correo electrónico ó enderezo info@elfosycalcetines.org

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149