GALICIA
A Xunta destina máis de 1,3 millóns de euros para o fomento de 81 iniciativas empresariais galegas ideradas por mulleres
O Diario Oficial de Galicia publicou as axudas do Programa Emega, destinadas a fomentar o emprendemento feminino para que as mulleres se integren no sector produtivo.
O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución das axudas do Programa Emega, que este ano destina máis de 1,3 millóns de euros, cofinanciados polo Fondo Social Europeo para o fomento do emprendemento feminino, sendo beneficiadas 81 iniciativas empresariais lideradas por mulleres.
Entre as iniciativas beneficiadas atópanse negocios relacionados coa asesoría e consultaría,formación, hostalería, comercios, servizos de enxeñería, ou servizos sociosanitarios a domicilio, entre outros. As empresas beneficiarias están formadas por mulleres que teñan domicilio social e establecemento de produción en Galicia, que non pertenzan ao sector público nin sexan entidades sen ánimo de lucro.
O programa constitúe unha medida integral de promoción da igualdade no eido laboral, que persegue apoiar o desenvolvemento da actividade empresarial e accións favorecedoras da conciliación laboral e familiar, esenciais para o éxito da iniciativa emprendedora feminina. Deste xeito, búscase que aquelas mulleres emprendedoras que o desexen poidan materializar as súas ideas empresariais, contribuíndo tamén á creación de novos postos de traballo.
Entre as beneficiarias hai negocios de asesorías e consultaría tecnolóxica, formación, hostalería, comercios, servizos de enxeñería ou servizos sociosanitarios a domicilio
O programa Emega ponse en marcha a través de catro liñas de actuación específicas. A liña “Emprende” estará destinada a posta en marcha de novas empresas, a liña “Innova” para a promoción de melloras en empresas lideradas por mulleres, “Activa”, que busca a reactivación e consolidación de proxectos empresariais, a liña “ITEF”, que se centra na axuda para a posta en marcha de iniciativas empresariais de base tecnolóxica).
Por outra banda, conta con dúas modalidades de axudas complementarias: a modalidade “Concilia”, de apoio á conciliación da vida laboral, e a modalidade “Dual”, para apoiar a participación das promotoras no programa de titorización, co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais subvencionados ao abeiro desta convocatoria.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60