Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 19 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Concellería de Vías e Obras remata varias melloras da Praza de Abastos que pasa a ser ‘Mercado de Excelencia’ do Camiño de Santiago

[Img #29341]

 

A Concellería de Vías e Obras, que dirixe Manuel Carrera, ven de rematar varias melloras na Praza de Abastos, investindo na mesma unha subvención aprobada pola Consellería de Economía Emprego e Industria da Xunta de Galicia, de cara a obter para a praza  a consideración de ‘Mercado de Excelencia’ pertencente ao Camiño de Santiago.


As reformas abranguen a substitución de 40 campás de iluminación, que dende agora contan con luminarias led, o mesmo que os fluorescentes que alumean cada un dos postos da mesma que foron substituídos por outros tamén de tecnoloxía led.


Do mesmo xeito, rematouse a mellora dos baños, completando os cambios de azulexo, lava-mans e inodoros. Ademais, os mesmos axústanse á normativa de accesibilidade, algo que ata hoxe non cumprían, tras a colocación dunha rampla e barras de suxeición no interior dos lavabos.


Pola súa banda, o concelleiro de Comercio, Industria e Urbanismo, Marcelino Coto, convocou a Mesa Local de Comercio, na que deu conta das reformas e da campaña de merchandising  á Asociación de Comerciantes do Porriño e escoitou ás súas demandas e suxestións, entre elas a da mellora da limpeza.


Como subliña Manuel Carrera, “esta transformación supón un avance moi notable na iluminación da praza, que non so permite traballar en mellores condicións aos comerciantes ou que os usuarios perciban máis luminosidade, senón que suporá un importantísimo aforro no recibo da electricidade, superior ao 60%, que o Concello, paga na actualidade”.


Carrera, asemade, subliña o feito de que o orzamento para este proxecto proceda dunha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria o cal, afirma, “amosa que hai un considerable esforzo de xestión detrás do mesmo, tanto no que se refire á reforma en si mesma, no noso obxectivo de completar a transformación enerxética da vila e, especialmente, en conquerir que as veciñas e veciños do Porriño teñan os mellores servizos ao menor custo”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.