Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Xornal21
Sábado, 17 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva condea o asasinato dunha xoven en Vigo e traslada a súa familia a solidariedade do goberno provincial

A presidenta da Deputación de Pontevedra lembra tamén a muller agredida o venres en Santiago e insta de novo a todas as administracións a impulsar un pacto de estado “porque a sociedade non pode ter unha prioridade maior”.

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, manifestou hoxe a súa máis enérxica repulsa polo asasinato de Ana Enjamio, a xoven de 25 anos que apareceu morta a pasada madrugada no portal do seu domicilio da  Avenida de Madrid, en Vigo despois de recibir varias coiteladas. Silva expresou o seu pesar e o de todo o goberno provincial “por un novo caso de violencia contra as mulleres, que se suma á agresión do venres en Santiago doutra xoven que está ferida moi grave”.


A presidenta da Deputación expresou a súa condea por este novo asasinato “que volve a deixar moi clara a necesidade de que temos que poñernos dacordo para loitar contra esta lacra aínda con máis forza, con máis medios, con máis recursos e tendo claro que non podemos ter unha prioridade maior. Están a matarnos e non nos podemos quedar mirando, insistiu Silva.


A Presidenta provincial, que trasladau á familia de Ana Enjamio a solidariedade e o apoio de todo o goberno da Deputación, volveu a exixir “un gran pacto de estado que permita que todas as administracións establezan prioridades, unha maior vontade política e unha implicación real para acabar con este goteo continuo de mortes”

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.