Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Xornal21
Lunes, 19 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva volve a demandar medidas urxentes para evitar máis asasinatos de mulleres

A Presidenta da Deputación mostra a súa indignación polas tres últimas mortes nas setenta e dúas horas pasadas.

[Img #29354]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, volveu a demandar a adopción de medidas urxentes por parte do Goberno do Estado e da Xunta para erradicar a lacra da violencia machista que nas últimas setenta e dúas horas sumou tres novas mortes.


Silva, que participou na concentración convocada xunto o concello de Pontevedra á entrada do pleno municipal, incidiu que “nos están a matar polo simple feito de ser mulleres”. Na concentración de cinco minutos tamén participaron o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e deputados provinciais e concelleiros municipais de todos os grupos políticos de ambas institucións. No Pazo Provincial  da Deputación as bandeiras da fachada colocáronse a medio mastro en sinal de loito polos tres asasinatos.


O traballo na educación no respecto sexa cal sexa o xénero da persoa é un dos aspectos fundamentais na loita contra a violencia machista, así como que as vítimas teñan todos os recursos necesarios o seu alcance para saír da rede da violencia machista son os dous eixos nos que as administracións deben de traballar, segundo salientou a Presidenta.


Carmela Silva tamén aludiu a necesidade de que os fillos e fillas de mulleres asasinadas teñan a súa disposición os recursos económicos para garantirlles a independencia e o seu futuro.


Por último, a Presidenta visiblemente indignada insistiu que as administracións deben poñer recursos e todo o seu empeño porque  “non podemos seguir facendo minutos de silencio cada vez que se produce unha nova morte sen que sexamos capaces de rematar con estes asasinatos que supoñen tanto rexeitamento social”.


Pola súa banda, o alcalde de Pontevedra que asumiu a totalidade das palabras da Presidenta da Deputación, engadiu que é inadmisible que no século XXI seguimos a ver como os asasinatos  de mulleres seguen a manterse e incluso a aumentarse e demandou tamén un cambio dos “roles” históricos na educación dos nenos e nenas e demandou a maior implicación con recursos económicos das administracións para acabar con esta lacra.      

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.