Mos
Monitores de natación de Mos participan nun cursiño para incrementar a seguridade dos usuarios da Piscina Municipal
![[Img #29356]](upload/img/periodico/img_29356.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Deportes mosenses, Alberto Méndez, visitaron as instalacións do Pavillón Óscar Pereiro e a Piscina Municipal que foron pechadas para impartir un curso de actualización en materia de primeiros auxilios e socorrismo acuático ós monitores de natación da piscina. Entre piscina e pavillón pasan cada semana unhas 2.000 persoas polas instalacións deportivas do Óscar Pereiro, tal e como comentaban os representantes municipais cos monitores. Nesta cifra inclúense equipos, usuarios particulares por libre e alumnos/as de cursos.
A Piscina Municipal de Mos permaneceu pechada ao público nas mañás dos días 14 e 19 de decembro. Durante estas xornadas os monitores recibiron unha formación de reciclaxe sobre primeiros auxilios, fundamentos asistenciais e técnicas de rescate, co obxectivo de mellorar a formación dos profesionais deportivos que redunda na calidade do servizo prestado e na seguridade dos usuarios/as das instalacións.
En 2012 a Xunta publicou o Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.
A partir dese momento os socorristas acuáticos e monitores de piscina teñen que formar parte do rexistro antes citado e comezar un proceso de habilitación de competencias profesionais. Os 5 socorristas da Piscina Municipal de Mos superaron a proceso na primeira convocatoria.
Outro requisito que se esixe para estar no rexistro é facer 20 horas de formación cada 4 anos. Os monitores mosenses fixeron un curso de 10 horas hai 2 anos, e agora están a cursar esta segunda acción formativa doutras 10 horas.
Na acción formativa impartida estes días os cinco monitores de Mos recibiron clases teóricas e prácticas. Nas segundas tiveron que traballar con material de diversa índole tal como taboleiros de inmovilización medular completos, maniquíes de reanimación cardiopulmonar modelo adulto, de reanimación cardiopulmonar modelo neno e de reanimación cardiopulmonar modelo bebé; un equipo de valoración do paciente traumático prehospitalaria, botiquín e tubos de rescate.
O temario incluiu tamén Soporte Vital Básico en adultos, nenos, lactantes, afogados e embarazadas, valoración primaria e secundaria do paciente traumático prehospitalario, desobstrucción de vías aéreas por corpos extraños, primeiros auxilios ante hemorragias, queimaduras e traumatismos; actuación do primeiro intervinte ante Incidentes con Múltiples Vítimas: Triage SHORT; secuencia completa de rescate acuático (entrada á auga, nado de aproximación, control de vítimas conscientes e inconscientes sen material, con aro salvavidas, e con tubo de rescate), técnicas de traslado e extracción da auga de vítimas inconscientes e secuencia de intervención no medio acuático a unha posible vítima con lesión raqui-medular.
O Concello de Mos inviste preto de 700 euros en ofrecerlle esta formación aos seus monitores, impartida por un profesorado altamente cualificado. Os profesores que imparten o curso son Sonia Prieto González (Coordinadora de Asesores da Xunta de Galicia no Procedemento de Acreditación de Competencias Profesionais en Socorrismo, pofesora do Ciclo Medio “Técnico Deportivo en Salvamento e Socorrismo” no IES Antón Losada Diéguez de A Estrada. Licenciada en Educación Física con Mestría en Salvamento Acuático e Socorrismo) e Carlos Vales Porto (Coordinador dos Servizos de Socorrismo nas praias do Concello de Vigo, profesor do Ciclo Medio “Técnico Deportivo en Salvamento e Socorrismo” no IES Antón Losada Diéguez de A Estrada. Licenciado en Educación Física con Mestría en Salvamento Acuático e Socorrismo).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149