Martes, 20 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 20 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

Tourón volve a poñer o foco no centro de saúde

A situación sanitaria de Salceda núcleo das emendas dos socialistas ós orzamentos da Xunta

[Img #29396]

 

Despois da xuntanza mantida cos parlamentarios autonómicos, a voceira socialista anuncia que reclamarán que se incorpore ós orzamentos da Xunta de Galicia o centro de saúde de Salceda, “esixiremos que o novo centro teña nome e apelido propio dentro dos orzamentos da Xunta”.

Dende o grupo municipal explican que non é de recibo que o goberno galego se escude de novo nunha partida xenérica, que, como en anos anteriores, despois non se chega a executar. “Esta é unha inversión imprescindible para Salceda, que levamos reclamando dende o 2009 e que nunca foi recollida nos orzamentos a pesar das continuas emendas feitas polos socialistas, ano tras ano”.

Dende o grupo municipal socialista, consideran “que unha vez máis o goberno do Partido Popular na Xunta de Galicia, viu facer a foto en campaña electoral, pero nin sequera reflexan unha partida concreta e individualizada para comezar en 2017”.

Explican, que "a situación sanitaria en Salceda é totalmente deficiente, con un centro de saúde colapsado e sen accesibilidade. Lembran as concelleiras que o seu grupo propuxo dedicar parte do diñeiro do Plan Concellos da Deputación deste ano a mellorar a accesibilidade do actual centro ó que o Alcalde se negou". “Salceda podería ter neste intre unha solución á accesibilidade do centro actual, unha instalación de titularidade municipal que no momento de dispor do novo centro estaría en condicións de proporcionar calquera outro servizo ós veciños”, lembra a voceira socialista; incidindo en que por suposto “a solución da accesibilidade non vería en ningún caso a substituír a necesidade inmediata do novo centro”.

O ensino e a seguridade formarán tamén parte das emendas

A implantación do ensino postobrigatorio no IES e a ampliación do CEP Altamira formarán tamén parte das alegacións que os parlamentarios socialistas presentarán.

Unha vez máis tamén será obxecto de alegación un novo enlace a PO510 na parroquia de San Xurxo. Ademais do alumeado nesa estrada ó paso polo termo municipal de Salceda e as beirarrúas na zona de Tabernanova en Soutelo.

Verónica Tourón subliña como "fundamental" que o goberno de Galicia teña en conta as necesidades de Salceda, sobre todo no eido sanitario e do ensino e que “os veciños e veciñas de Salceda comecen a existir nas contas do goberno galego”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.