O PORRIÑO
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, proposta para ocupar a vicepresidencia segunda da Área Metropolitana de Vigo
![[Img #29413]](upload/img/periodico/img_29413.jpg)
O Grupo Municipal Socialista da Área Metropolitana de Vigo, constituído na cidade, ven de propoñer á alcaldesa de O Porriño, , para que ocupe a Vicepresidencia segunda deste organismo.
Eva García de la Torre, que é alcaldesa dende o mes de xuño de 2015, ocupa tamén a Presidencia do Consorcio de Augas do Louro e é membro do Comité Executivo da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).
García de la Torre agradece a “enorme confianza que veñen de darme as compañeiras e compañeiros do Grupo Socialista” e cualifica de “honra” representar ás veciñas e veciños de O Porriño neste organismo.
Para a alcaldesa a Área Metropolitana é un proxecto de “grande importancia para máis de 400.000 persoas ás que estamos obrigados a representar deixando de lado estratexias partidistas”. Porén , sinala Eva García de la Torre, “defenderei con esforzo, dedicación e paixón os intereses de todas e todos os cidadáns da Área Metropolitana e en especial as das porriñesas e porriñeses”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149