Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 20 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A selección galega feminina absoluta disputará o Torneo IV Nacións en Granollers

 

[Img #29418]

 

A selección galega feminina absoluta disputará a novena edición do Torneo IV Nacións que se celebrará en Granollers os días 21 e 22 de decembro coa participación de Cataluña, Euskadi, Galicia e Cataluña B. Inicialmente estaba prevista a participación de Alxeria, que ía ser o rival de Galicia na semifinal, pero hai só uns días, anunciou que non disputaría o torneo, polo que a organización veuse obrigada a buscar unha alternativa case sen tempo, polo que finalmente participará un segundo equipo de Cataluña.

 

O seleccionador Abel Estévez deu a coñecer a convocatoria para este torneo. O BM Porriño é o club que maior número de xogadoras aporta para a selección galega (nove en total) e xunto a elas estarán deportistas do Guardés, Bera-Bera, Carballal e SAR de Redondela. Galicia xogará a semifinal mañá 21 de decembro ás 20:00 horas contra Cataluña B, mentres que Cataluña e Euskadi xogarán o primeiro partido (18:15 horas). A final está prevista para o día 22 ás 18:00 horas.

 

O combinado galego partirá hoxe 20 en dirección a Cataluña e o regreso está previsto para o día 23 de decembro. Onte todas as xogadoras participaron nun adestramento no Pavillón do Porriño.

[Img #29419]

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.