Lunes, 22 de Diciembre de 2025

Xornal21
Lunes, 26 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Salvaterra contra a violencia de xénero

[Img #29428]

 

O Concello de Salvaterra de Miño fixo entrega a semana pasada dos premios do “ VI concurso de slogans contra a violencia de xénero”

 

“A libertade non ten propiedade” foi o slogan gañador deste ano, onde participaron máis de 90 alumnos e alumnas do IES Salvarterra de Miño.

 

O Concello de Salvaterra leva anos traballando intensamente cos máis cativos na prevención da violencia machista, con diversas campañas de sensibilización sobre todo enfocadas aos máis xóvenes, xa que cada día este tipo de violencia dase entre poboación máis nova, en todas as súas vertentes. Con campañas como o concurso de slogans búscase implicar aos máis mozos co fin de que se involucren, que sexan conscientes dos perigos que existen, en que a violencia moitas veces aparece en pequenas cousas e que non podemos ser complices, temos que ser os primeiros en non permitir abusos,nin ningún tipo de violencia machista e dicir “basta xa”, violencia cero.

 

Cada ano son máis os nenos e nenas que participan nestas actividades, en busca da repulsa extrema a este tipo de actos. Este concruso de slogans constra de 4 premios, tres valorados en 50€ canxeables en material, educativo ou deportivo, que recairon este ano en:  Damián Amil Novoa; Joel Soto Bernárdes e Marina Suárez Martínez.
 

E un primeiro premio por valor de 150€ e cuxo slogan foi utilizado para a campaña de sensibilización que se levará a cabo durante o ano que ven foi para Aroa Domínguez Pérez con “A libertade non ten propiedade”, un berro claro contra as violencias machistas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.