MOS
Aberto o prazo de inscrición en dous cursos de atención sociosanitaria para mozos
A data límite para apuntarse será o día 3 de xaneiro.
Dende as concellerías mosenses de Educación e Participación Cidadá e Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías que dirixen os edís Kely Monzón e Óscar Soto, respectivamente; infórmase da organización de dous cursos que se ofrecen a mozos de entre 16 e 29 anos, inscritos no Servizo Público de Emprego Estatal.
Estes cursos lle foron outorgados ao Concello de Mos a través da convocatoria de plans de formación de ámbito estatal regulada pola Resolución 21 de agosto de 2015 do Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE). A convocatoria está dirixida a xoves cun nivel formativo mínimo de graduado en ESO. A formación é semipresencial, xa que teñen unha formación presencial, en centro de formación, mínima de entre 32 e 43 horas, e o resto de horas será online e de prácticas en empresa.
As accións formativas ofrecidas son atención sociosanitaria a persoas no domicilio (600 horas) e atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (450 horas). A primeira das accións formativas comezará o día 12 de xaneiro mentres que a segunda farao o 16 dese mesmo mes.
O prazo límite para que os interesados en realizar estes cursos poidan inscribirse será o 3 de xaneiro, xa que os posibles alumnos teñen que realizar unha proba de competencia dixital antes de admitilos ao curso.
Para formalizar a inscrición as persoas interesadas poden comunicalo, deixando os seus datos (nome, DNI, data de nacemento, teléfono, correo electrónico) a través do correo electrónico: info@axenciadecolocacionmos.es ou omix@concellomos.es
O obxectivo destes cursos é universalizar o acceso das persoas traballadoras, ocupadas e desempregadas, e das empresas á formación. Os fins da formación para o emprego son favorecer a formación ao longo da vida, proporcionar os coñecementos e prácticas adecuados ás necesidades de empresas e persoas, contribuír á mellora da produtividade e competitividade das empresas, mellorar a empleabilidad das persoas, promover que as competencias profesionais adquiridas polos traballadores sexan obxecto de acreditación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149