Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 24 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Cinco toneladas de felicidade para celebrar o Nadal

A campaña Nadal Solidario de Mos Axuda recolle 2.000 quilos máis de alimentos que o ano pasado para un cento de familias.

[Img #29505]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política social mosense, Sara Cebreiro, visitaron esta semana aos voluntarios e voluntarias de Mos Axuda que se atopan inmersos en plena campaña de Nadal Solidario.


Nadal Solidario é unha campaña anual de recollida de alimentos que o Concello de Mos organiza para que ningunha familia mosense quede sen celebrar as festas navideñas.


Os voluntarios de Mos Axuda, entidade dependente da administración local que este ano asumiu a coordinación da campaña Nadal Solidario, levan todo o mes de decembro facendo recolleita de alimentos nos supermercados do municipio.


Esta semana voluntarios de Mos Axuda e departamento municipal de Política Social atópanse totalmente sumerxidos na campaña de doazón por parte das empresas, na que se conta coa incondicional colaboración da Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS, que edición tras edición participa neste programa.


A recollida fíxose extensiva tamén aos colexios de Mos, e onte realizouse o traslado dos alimentos recopilados dende os centros educativos á sede de Mos Axuda. Outros organismos colaboradores coa campaña e nos que se tamén se recolleron doazóns de comida foron as asociacións mosenses e os Belenes Solidarios organizados por algunhas delas como é o caso do Belén de Herville, o de Celado de Cela e o do Pazo de Mos (en ambos para ser visitados débese doar, como prezo de entrada, algún alimento destinado á campaña Nadal Solidario). Tamén colaboraron nesta iniciativa por primeira vez Cogami e a Obra Social de CaixaBank (que doou 1.500 euros para a compra de alimentos).


O total de quilos de alimentos recollidos ata o momento ascende a 5.000, 2.000 quilos máis que a campaña pasada. Un total de 5 toneladas de felicidade para que as familias beneficiarias poidan celebrar o Nadal como merecen.


Esta campaña representa prácticamente o punto de partida da entidade Mos Axuda, de nacemento recente, e “dende o Concello estamos moi satisfeitos de como arranca este proxecto”, declararon as representantes municipais, Arévalo e Cebreiro. Rexedora local e edil de Política Social aproveitaron a ocasión para agradecer a gran colaboración cidadá dos veciños e veciñas de Mos neste proxecto.


Nestes intres Mos Axuda conta cun total de 15 voluntarios traballando solidariamente en beneficio dos máis desfavorecidos do Concello. Destaca a diversidade de idades que integran este colectivo de voluntarios que van dende os 16 anos (con autorización por escrito dos seus pais e/ou titores ao tratarse de menores) ata persoas xa xubiladas que queren dedicarlle parte do seu tempo aos que máis o necesitan.


Mañá realizarase na sede de Mos Axuda, sita en Puxeiros, a entrega ás familias beneficiarias dos alimentos recollidos grazas á solidariedade de todos os colaboradores. En total son 99 familias usuarias dos Servizos Sociais municipais, que en número total de persoas poden alcanzar preto de 300.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.