GALICIA
A Xunta , a Fiscalía e Goberno asinan un protocolo para mellorar a coordina e axilizar a atención aos menores estranxeiros
O documento establece os mecanismos de coordinación desde que se localiza o menor ata a súa identificación, determinación da idade e posta a disposición dos servizos de protección de menores.
![[Img #29439]](upload/img/periodico/img_29439.jpg)
Os conselleiros de Política Social e Sanidade, José Manuel Rey Varela e Jesús Vázquez Almuíña, respectivamente; o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes; e o delegado do Goberno, Santiago Villanueva, asinarona semana pasada un protocolo de colaboración sobre menores estranxeiros non acompañados (MENA), en desenvolvemento do documento marco asinado entre o Goberno de España e a Fiscalía Xeral do Estado.
O obxectivo do protocolo MENA é coordinar a intervención de todas as institucións e administracións afectadas, desde a localización do menor ou suposto menor estranxeiro ata a súa identificación, determinación da súa idade e posta a disposición do servizo público de protección de menores. Nos últimos dous anos tramitáronse nas diferentes fiscalías de Galicia un total de 30 expedientes de menores estranxeiros non acompañados; e na actualidade existen máis de 60 menores con estas características baixo a tutela da Administración autonómica de procedencia moi diversa, sendo os principais países de orixe dos mesmos Marrocos, Colombia, República Dominicana, Brasil e Romanía.
O titular da carteira de Política Social subliñou que “a atención á infancia en xeral e, en particular, aos menores en risco de desprotección social, sexa cal sexa a orixe e situación administrativa dos mesmos, é unhas das responsabilidades prioritarias da Xunta de Galicia”. Neste sentido, explicou que estes menores son acollidos en centros de titularidade autonómica xunto con outros mozos e mozas que atravesan unha situación de desamparo e onde acceden aos mesmos servizos. Así, os MENA reciben apoio de titores e contan con seguimento escolar; ademais de dispoñer de atención sanitaria e participar nas actividades de ocio, tempo libre e culturais que organizan os profesionais responsables dos centros de menores que dependen da Consellería.
Ademais, Rey Varela explicou que a día de hoxe ningún dos MENA que están baixo tutela da Xunta de Galicia participa en programas de acollemento, pero apuntou que “dende a Consellería traballamos con máis escenarios que o internamento e a nosa prioridade é que estes menores tamén dispoñan dunha familia de acollemento, aínda que non sempre é posible”. “En calquera caso o obxectivo é que estes nenos e nenas estean sempre ben atendidos, nun contorno agradable e o favorable para que se poidan seguir desenvolvendo e medrando, a pesar das difíciles circunstancias que moitos deles viviron ou que aínda viven polo feito de estar solos”, concluíu.
Pola súa parte, o conselleiro de Sanidade manifestou que o seu departamento quere traballar conxuntamente para evitar calquera risco de desprotección do menor. Así, asumimos a obriga de realizar as probas de determinación da idade e os correspondentes ditames periciais, que se requiran, previo consentimento informado da persoa, por persoal médico especializado na materia. Ademais, en cada centro médico habilitaranse dependencias axeitadas para a estancia do presunto menor, mentres se lle realiza a correspondente proba de determinación da idade, remarcou Almuiña.
Segundo o titular da carteira sanitaria, os centros hospitalarios de referencia para levar a cabo as probas de determinación da idade serán os hospitais principais das sete cidades de Galicia.
Para rematar a súa intervención salientou, no que se refire á asistencia sanitaria a estes mozos e mozas, que en Galicia contamos para garantila o Programa de atención aos menores estranxeiros, que teñen acceso directo ao sistema sanitario público de acordo co previsto no RD 16/2012, 6.243 menores están baixo esta cobertura na actualidade.
Menor non acompañado
Enténdese por menor non acompañado (MENA) a persoa estranxeira menor de 18 anos que sexa nacional dun estado ao que non lle sexa aplicable o réxime da Unión Europea e que chegue a territorio español sen un adulto responsable dela, apreciándose risco de desprotección do menor, así como calquera menor estranxeiro que, unha vez en España, se atope nesa situación.
O protocolo aplicarase tamén aos menores en situación de risco por teren entrado de maneira clandestina ou subrepticia en territorio nacional en unión dun adulto que, aparentando ser proxenitor, parente ou responsable do neno, non aporte documentación veraz ou fiable do vínculo alegado, e ademais se aprecie un perigo obxectivo para a protección integral do menor.
O seu ámbito de actuación tamén contempla aos menores estranxeiros que se achen en situación patente de desamparo ou desprotección, sinaladamente por padeceren risco de sometemento a redes de trata de seres humanos, así como aos estranxeiros que se achen como polisóns a bordo dun buque ou aeronave que se encontre nun porto ou aeroporto galego.
Procedementos
O documento inclúe todos os procedementos a seguir polas institucións implicadas para a protección do menor nos diversos supostos que poidan producirse, como por exemplo se o menor é vítima de trata, cando participou na comisión dalgún delito ou no caso de que a súa minoría de idade sexa dubidosa.
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela explicou que estes nenos e nenas reciben nos centros os mesmos servizos e atencións que o resto dos menores internados: titorías, apoio e seguimento escolar, atención sanitaria, actividades de ocio e tempo libre..; xa que o obxectivo é que “estean sempre ben atendidos, nun contorno agradable e favorable para que poidan seguir desenvolvendo e medrando, a pesar das difíciles circunstancias que viviron e aínda viven polo feito de estar solos”
Todo menor estranxeiro non acompañado que fose localizado en territorio da comunidade autónoma será obxecto de reseña policial e posteriormente pasará a inscribirse no rexistro MENA e se lle asignará un número de identificación de estranxeiro (NIE). Ademais de informarlle dos seus dereitos, en idioma que poida comprender, ben polos funcionarios policiais ou polo persoal dos servizos de menores da Xunta de Galicia.
A inscrición no rexistro e o documento identificativo servirán para que o menor poida obter unha tarxeta sanitaria, con plenos efectos, dos servizos autonómicos de saúde, que se lle entregará no prazo máis breve posible.
No caso de que a idade do menor localizado sexa indubidable, será entregado de inmediato aos servizos de menores da Xunta de Galicia. En caso contrario, iniciarase o protocolo de probas médicas para determinar a idade. De todos os xeitos, se entre as circunstancias concorrentes se acharen indicadores de que o menor pode ser vítima de trata, prevalererá a presunción de minoría de idade e se adoptarán as medidas de protección inmediatas.
Supervisión do Ministerio Fiscal
Todos os trámites deben der comunicados e supervisados polo Ministerio Fiscal que, ao final do proceso de determinación de idade, decretará que o menor sexa posto a disposición dos servizos de menores da Xunta de Galicia.
Estes servizos deben realizar coa maior celeridade os trámites para a solicitude de autorización de residencia. Transcorrido o prazo máximo de nove meses dende a posta a disposición do MENA, e sexa cal for o estado de tramitación, a Subdelegación do Goberno outorgará a autorización de residencia.
O protocolo tamén contempla as condicións de garda e tutela do MENA por parte da Xunta de Galicia, cuxos servizos deben realizar, entre outras obrigas, as indagacións necesarias co obxecto de constatar se é posible reagrupar o MENA coa súa familia no seu país de orixe ou onde esta resida.
Cada mes, os servizos autonómicos deberán remitir ao Ministerio Fiscal, así como á correspondente Subdelegación do Goberno, unha listaxe dos menores que se atopan baixo o seu réxime de protección e as cuestións relevantes sobre a súa situación.
O protocolo contempla un apartado específico para os menores que se atopen en situación de risco con medidas de prevención para a trata de seres humanos e contra a utilización de menores. Establécense garantías de seguridade específicas, como por exemplo, de considerarse necesario, o afastamento xeográfico do ámbito en que o menor estaba sendo sometido a situación de explotación ou trata.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126