Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 21 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

O alumnado "Depo en marcha" estrea en Gondomar a obra "Allegro, ma non troppo. Escenas da vida diaria"

A representación, que involucra case trinta persoas, terá lugar, este xoves 22 de decembro, no centro cultural de San Vicente de Mañufe.

[Img #29452]

 

Co título "Allegro, ma non troppo. Escenas da vida diaria", o alumnado do curso de teatro do programa "Depo en marcha" da Deputación estrea o xoves 22 de decembro, ás 20:30 horas, no centro cultural San Vicente de Mañufe (Gondomar), unha obra teatral na que porá en práctica todo o aprendido durante a súa formación.

 

A representación, aberta a calquera persoa que desexe asistir, dirixida por Eufrasio Lucena, está baseada en textos de Wislawa Szymborska, María José Bajo, David Montero, José Francisco Ortuño, Alfonso Zurro e Sergi Belbel.

 

A interpretación das personaxes correrá a cargo de catorce mulleres e sete homes, o alumnado deste curso, que, coa súa participación nesta obra teatral, amosarán os resultados das aprendizaxes e os ensaios realizados.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.