Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 26 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O outono deixa á vista más de 200 novos niños de vespa asiática en Tomiño

O Concello ten que utilizar persoal municipal e de Protección Civil, e facer fronte á compra de traxes especiais, ferramentas e produtos necesarios.

[Img #29456]

 

A chegada do outono trouxo aparellada á caída das follas das árbores, a aparición de máis de 200 novos niños de vespa asiática, que teñen saturados os servizos de extinción municipais.

 

O Concello ten que empregarse a fondo para poder retirar esta gran cantidade de niños, utilizando persoal municipal e de Protección Civil; unha grúa e outra maquinaria dispoñible, tendo incluso que adquirir traxes especiais para esta tarefas, unha pértega con bomba e os produtos necesarios para a eliminación dos niños, co gasto conseguinte para as arcas municipais (máis de 4000 euros no último semestre do ano).

 

Tomiño centro segue a ser unha das zonas máis afectadas, aínda que hai numerosos niños en todas as parroquias do municipio. Moitos dos veciños e veciñas afectados chaman ao 112, mentres que outros acoden directamente ao Concello.

 

So entre os meses de xuño e agosto de 2016, o Concello de Tomiño retirou polos seus propios medios, un total de 62 niños de vespa velutina nas distintas parroquias do municipio. No mes de setembro a veciñanza continuaba demandando a axuda do Concello, polo que a actividade é permanente. De feito, Tomiño é un dos municipios galegos que figuran entre os máis afectados por este insecto invasor, que ameaza as cólmenas poñendo en perigo o futuro da produción apícola e minguando o importante papel polinizador que teñen as abellas.

 

O concelleiro de Medio Rural, Lois Vázquez, explica que A Consellería de Medio Rural solicitou nun primeiro momento, a colaboración do ente municipal, desentendéndose logo da súa  responsabilidade. “Os veciños e veciñas chaman ao 112 e se lles remite directamente ao Concello”, comenta o edil, lembrando que este insecto invasor orixinario do Norte da India, é un grande inimigo non so das abellas, senón tamén doutras especies de insectos polinizadores, poñendo ademais en perigo a diversidade de especies e a produción agraria (especialmente de froitas); sector este moi importante na economía do municipio.

 

Comenta o concelleiro de Medio Rural de Tomiño, a situación actual foi comunicada xa á Xunta de Galicia, sen que até o momento, esta se fixera cargo da eliminación dos niños, ou alo menos, dos gastos ocasionados polos traballos realizados.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.